1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A gran sanadora dos osos camariñáns terá a súa propia rúa no Lugar do Outeiro

Debe ser por aquelo da proximidade das letais eleccións municipais que os políticos a veces chegan incluso ata a tomar decisións acertadas. En efecto, no vindeiro Pleno ordinario a celebrar na Casa do Concello o venres 28 de xaneiro de 2011 os munícipes camariñáns deberán votar o cambio de nome da actual Rúa do Outeiro polo máis acertado sen dúbidas de Señora Estrella de Cándido, en homenaxe a máis famosa repoñedora de osos  da historia de Camariñas, unha muller humilde e sinxela, de Buría de toda a vida, cunhas mans sabias e milagreiras cuia sona contan que chegou ata o mesmísimo e glorioso Real Madrid.

O renomeamento da rúa coincide co final das obras de pavimentación da mesma, levadas a cabo pola empresa muxiana Germán Mouzo S.L. e financiadas pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, poñendo fin ao estado lamentable e chechénico do firme desta rúa durante os últimos anos. Non sabemos si por ser unha obra da Xunta, a opción elexida para a pavimentado foi o do formigón pulido (frente a omnipresente formigón impreso) e en vez de coloríns chisporroteantes preferíose o sobrio e adusto gris, sen dúbidas máis acorde co carácter serio, traballador, das xentes de Buría. Un carácter como o que poseía unha muller convertida co paso dos anos en auténtica institución en Camariñas e que agora ve xustamente recompensada a súa labor de toda unha vida en forma de rúa co seu nome na súa Buría da alma, inaugurando o que debería ser unha nova tradición de renomear rúas vellas ou nomear novas que estén por vir (difícil, visto o estado actual da situación urbanístico/urbanizatoria) con nomes de persoalidades senlleiras da historia recente do noso concello. Non estaría mal proseguir, por exemplo, con nomes de armadores lexendarios de Camariñas como xusta reinvindicación do carácter predominantemente mariñeiro destas benditas terras.

Comentarios   

J.Luis
+2 # RE: Rúa Señora Estrella de CándidoJ.Luis 22/01/2011 11:03
Lémbrome das tardes de domingo na casa da miña avoa,lembro tardes de inxénua infancia,de fútbol pola radio,de correr pola eira,de gardar as galiñas,das partidas de birisca de seis.Lémbro,com a un incesante goteo,no longo do serán,chegaban a petar na sua raída porta,persoas de tódo-los lares,dende futbolistas a nenos,preguntan do por siña Estrella para que lle aliviara aquel "o mal tan jrande que teño".
Mentras meu avó atendía o pote das vacas,soplándol le a bruma para que prendera,miña avoa miraba aquel descomposto dedo.
-"Bueno,xa está.Non o movas muito,baños de ajua quente con sal e un parche poroso da farmacia."
Creo que,esta rúa fai xustiza merecida a miña bisaboa,e a sua filla tamén,pois non terían título,pero creo que foron xente humilde e que fixeron moito ben os demáis.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+1 # RE: Rúa Señora Estrella de Cándidorubiasexy 22/01/2011 15:45
pos si muller tan boiña no mundo que areglou muitos osos amin tamen sa miña nai .d.e.p mandabanos siempre dios cheteña na gloria señora estrella
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # RE: Rúa Señora Estrella de CándidoMikel 22/01/2011 18:05
Aparte de ser unha gran compoñedora de osos(que pila de dias alí fumos),era unha grandisima muller cara o público,sempre ca súa sonrisa,cara de sabiduría e mans de santa.Persoa humilde que merece este recoñecemento.C omo habitante do pueblo,sinto gran satisfacción polo xusta e acertada a idea e posterior decisión.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Rúa Señora Estrella de CándidoBeldoña 22/01/2011 20:44
Contade co meu voto. Eu tamén pasei polas santas mans desta muller irrepetible. É certo todo canto se día da SEÑORA ESTRELLA DE CÁNDIDO. Foi unha muller única.Inclusive , os mesmos médicos, mandaban aos seus fillos á que esta compoñedora amañara, non so os osos, sinon, tamén, moitas enfermedades para as que ela tiña sempre un remedio.
Esa rúa ten que ser RUA SEÑORA ESTRELLA DE CÁNDIDO.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador