Despois de cinco meses, as obras na Rúa Real parece que empezan a ver o final

Un 10 de agosto do fenecido ano 2010 camarinas.eu, alma de enxeñeiro xubilado en movimiento, plantábase a pe de obra na Rúa Real para asistir aos primeiros pasos da faena que recén comenzaba. E dende entón aquela cicatriz aberta de terra, pedra e auga alí quedou para indignación e cabreo xeralizado dos veciños e comerciantes da zona, derruido o seu firme, enlamada en toda a súa extensión a rúa despois da chegada das abundantes chuvias. Nembargantes agora, uns cantos meses despois, parecen que arrancan por fin os traballos que haberán de poñer fin ás obras duns viais centrais dentro da ordenación viaria de Camariñas. O experto ollo constructor de camarinas.eu, despois de asistir á execución de tanta e tan variada obra ao longo destes tres anos e medio de vida, dinos que gran parte da obra do subsuelo xa está realizada, quedando por acometer a pavimentación do firme. Este, segundo nos comentan dende o Concello, no entorno da Praza do Mercado e a carón do cruceiro e da Ermita do Carme levaría losas de pedra, mentras que salvo cambios de última hora a Rúa Real sería pavimentada co omnipresente formigón impreso. En canto a colores, ahí aínda non sabemos nada pero calquer cousa pode ser posible. En definitiva, unha obra que parecía deixada da man de Deus todo indica que comenza a ver o seu fin. Nunca es tarde si la dicha es buena.

{phocagallery view=category|categoryid=493|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario