5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (5 Votes)

Salvamento Marítimo tivo que acometer un achicamiento urxente no Barco Chatarra este domingo 9 de xaneiro

O verbo "achicar" suele ter dúas acepcións distintas dentro do léxico e gramática de Camariñas. Por un lado viría a designar aquela acción consistente en extraer un líquido dun receptáculo sólido cara fóra mediante bombas, cubos ou calquer outro utensilio que fose útil para tal menester, mentras que no significado xa propiamente camariñán viría a supoñer a acción repetitiva de extraer líquidos, maiormente de diverso contido alcohólico, dun recipiente acristalado cara o interior do aparato dixestivo humano, paixón a que se entregaría en corpo e alma a práctica totalidade da poboación adulta masculina do concello, así como tamén gran parte da femenina. A utilización do citado verbo na primeira das acepcións mencionadas puídose ver in situ no Paseo Marítimo de Camariñas na soleada mañán deste domingo 9 de xaneiro do ano que recén comenza, cando por mor da abundante choiva caída sobre a Vila das Palilleiras na noite precedente, a Guardia Civil observou que un certo sobrepeso ameazaba con levar cara o fondo ao Barco Chatarra que dende hai xa uns cuantos anos esmorece no maior dos abandonos atracado no Muelle do Curbeiro.

Parece  como si debido a un designio fatal toda a porquería que vai polo mar abaixo teña que acabar ben nas escarpadas costas de Camariñas (ver Míster X : Lixo nas Praias I & II), ben no seu porto en forma de embarcacións naufragadas ou incautadas (ver noticia sobre Bote de Salvamento do buque Kea, actualmente abandonado no espigón camariñán). Tras calibrar as posibilidades derivadas da formación dunha barrera coralina dentro do muelle camariñán cos restos naufragados do barco chatarra e temendo, consecuencia do que sería un novo imán turístico, un incremento substancial da torrencial avalancha de carromatos-caravana aparcados cada verán no entorno do Muelle do Curbeiro, según nos contan testigos presenciais a Benemérita decidío dar parte do serio risco de afundimento á Autoridade Portuaria con sede na Coruña, a cal ante o grave perigo para a saúde circulatoria do tráfico da vila decidío encomendar o achicamiento dun dos barcos máis ferruxentos que deambulan por este mundo aos sufridos integrantes de Salvamento Marítimo, os cales dedicáronse con denodado esforzo á tan encomiable labor, a maiores en día santo e en horario eclesiástico, evitando finalmente o naufraxio desta destartalada embarcación. A formación dun paraíso para os amantes do turismo submarino queda para máis adiante.

{phocagallery view=category|categoryid=482|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario