5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (10 Votes)

Camarinas.eu voltou percorrer exhaustivamente o concello á procura de todo tipo de setas

O que constitúe unha fina delikatessen gastronómica para os paladares máis exquisitos en certas tradicións culinarias septentrionais, empeza a ser obxecto dun incipiente culto nestas terras galegas, se ben tódolos invernos sempre suele acontecer que algún incauto aficcionado micolóxico deba emprender o camiño da chacarita por aquelo dun lamentable malentendido. Camarinas.eu dende o descoñecemento máis absoluto do mundo dos fungos, a semellanza do acontecido na tempada anterior, acometeu este outono-inverno un exhaustivo seguemento, evidentemente só fotográfico, da recolleita de setas no Concello de Camariñas. Tempada que cabe etiquetar como feble dende o punto de vista micolóxico debido á tardanza na chegada das chuvias abundantes a este apartado e bucólico bosque atlántico. Para outro ano quedará o percorrido acompañados dunha modosa cesta de mimbre, un fashionable paño cuadriculado, unha lupa e un navalla multiusos: o mundo dos fungos, perpetua tarea a acometer nun futuro inicialmente próximo pero ao fin e ao cabo sempre remoto. Como zambullirse en serio e en profundidade no mundo da Música Clásica; convertirse nun experto enólogo, exquisito catador do bouquet dos mellores caldos vinícolas procedentes da Borgoña, da Champaña, de Burdeos ou do Valle de Napa (California); endilgarse dunha vez por todas aquel infumable volumen editorial de máis de mil páxinas que xace abandonado nunha esquina da estantería e que constitúe unha perenne ferida aberta para o orgullo intelectual.... Eternas asignaturas pendientes.

{phocagallery view=category|categoryid=480|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario