5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (6 Votes)
Tal e como anticipara camarinas.eu hai xa uns meses, un carrusel de pico e pala revolucionou finalmente nos días do Nadal o Distrito de Buría con ata tres obras diferentes. A primeira por antiguedade é a da construcción das beirarrúas da Pista que leva a Mourín que a empresa camariñana Mantido S.L. leva acometendo dende hai xa un tempo. As obras prosiguen a bo ritmo e as beirarrúas comenzan a tomar forma salvo en dous tramos onde os seus propietarios convertéronse na excepción á regla xeral de colaboración e cesión de parte dos seus terreos por parte dos veciños. Esperemos que polo ben do pobo triunfe o sentido común. Non moi lonxe de alí, se había dúas rúas que necesitaban unha posta a punto urxente eran o firme das vías dos Lugares de Fonte Barreira e do Outeiro: aquelo parecía Chechenia, era como si unha daquelas mortíferas brigadas de tanques rusos da Guerra do 1994-1996 acabara de pasar polo seu firme.

En Fonte Barreira, orzamentada en 80.000 euros e financiada pola Deputación da Coruña,  foi o Concello de Camariñas quen adxudicou á empresa laxeira de Fermín Simal as obras de pavimentado e saneamento, mentres que un pouco máis arriba a Consellería do Medio Rural financia con 87.000 euros a Pavimentación da Rúa do Outeiro, obra adxudicada á empresa muxiana Germán Mouzo. Foi precisamente nesta última onde o xoves 23 de decembro pola mañán tivo lugar o percance que deixou sen auga a Camariñas. Desprazado de inmediato ao lugar o equipo do servizo municipal de augas, formado por Manolo do Panadeiro e Arturo, en tan só uns poucos minutos logrouse solventar a avería e o normal subministro de auga cara a vila foi restablecido. Por si acaso, para a mañán do venres 24 as ordes foron precisas: ¡nada de pala!, non fora ser que acontecera a hecatombe, privándose da auga a Camariñas no Día de Noiteboa. Contan os máis vellos que as antigas rúas dos diversos lugares de Buría eran de pedra, ata que un bo día o pregreso deixou a súa marca cun horror de cemento e gravilla que sepultou para sempre un firme único e dunha antiguedade secular. En fin, de nada vale laiarse, aquelo xa é historia...

 

Engadir un comentario