5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (14 Votes)

A Agra de Abaixo quedou conectada ca rede xeral de saneamento

Ao longo desta semana a empresa zasense de construccións de Ponciano Nieto daba os últimos toques a obra do saneamento na Agra de Abaixo co asfaltado da Rúa da Seara e do entorno da Praza do Mercado. Entón xa todo quedaba listo para que unha empresa camariñana recollese o realizado na obra tan gustosa e alegramente financiada polo contribuinte alemán vía Xunta de Galicia e conectase as tuberías residuais provintes da Agra de Abaixo ca rede xeral de Camariñas mediante o enganche correspondente nas inmediacións do Paseo Marítimo camariñán, concretamente xusto enfrente dun coñecido supermercado. E así nas mañáns deste xoves e venres posteriores á ponte da Constitución podíamos ver ao equipo de José Martínez Rial, ca axuda inestimable duns cuantos ingenieros aficcionados, afanarse duramente cunha obra que pode supoñer a culminación do saneamento integral da Parroquia de Camariñas, de forma que todo o alcantarillado teña un único porto de destino: a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Portocelo. É de esperar que un vez rematado o enganche de todas as augas fecais procedentes da Rúa de Seara e alerededores, non se vexa correr máis polas desembocaduras existentes no remozado e impecable Paseo Marítimo camariñán esos ominipresentes ao longo de todos estes anos fíos de auga turbia, amarranada, e que as vaharadas de malos hedores, nauseabundos, sexan tan só un recordo do pasado.

{phocagallery view=category|categoryid=317|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario