5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (10 Votes)

A Cabalería Lixeira de O Pincho invadío agora Arou

Aproveitando un oco entre as chuvias que están a anegar pródigamente os camiños, as terras e as almas deste olvidado recuncho atlántico, a Peña Cabalar de O Pincho abandonou este pasado sábado os dominios da Ponte do Porto para enfilando as remozadas alturas de Xarás partir rumbo ao mar nunha nova expedición hipomóvil. E nestes tempos que corren, as estilizadas monturas porteñas demostraron ser un medio de locomoción máis adaptable ao terreo que calquer outro, xa que alí por onde os temporais sembraran unha senda de devastación non apta para vehículos urbanos, os cabalos da Brigada Lixeira do Pincho abríronse paso sen dificultade. E por unha vez vingaron a aqueles cabaleiros polacos (triste exército de Don Quixotes, que decía o Premio Nobel Gunter Grass), víctimas propiciatorias dun paso do tempo cruel, que foron arrasados inermes polos exércitos pánzer xermánicos nunha blitzkrieg imparable e sorpresiva nos primeiros días de septembro de 1939. Novamente aos mandos da última expedición da Peña Cabalar porteña ía Gisela, a amazona máis desperta e prometedora da Costa da Morte, que aos seus sete anos encara a lomos do seu pony xoguetón rutas diversas e de dificultade crecente, tal como aquela que a finais do chuvioso e despacible mes de novembro de 2010 enfilou o camiño do mar ata Arou.

{phocagallery view=category|categoryid=282|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario