- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 26 Outubro 2007 26 Outubro 2007
El Pueblo vs. Antonio Velo
Montaxe de Camarinas.eu
A imaxe de unión de varios centos de Camariñáns á que poidemos asistir estes días entorno a unha idea, camarinas.eu, trouxo ao epicentro da memoria de algún dos redactores desta web recordos de acontecementos semellantes que ocorreron hai xa moitos anos. Esta semana camarinas.eu poido sentir o alento e apoio de todos os seus usuarios dunha forma que emocionou especialmente a esta redacción. Énchenos de ledicia e non temos palabras para agradecer a todo o pobo de Camariñas a súa axuda en momentos tan críticos, con xente así detras nosa camarinas.eu non ten límites e coa axuda de certas persoas que estos días se destacaron especialmente, na sombra, sen ruido, sen aspaventos camarinas.eu seguirá a loitar duro, día a día para que se manteña esa milagre de que Camariñas teña a millor páxina web de toda a Costa da Morte. Por iso esta humilde redacción quere regalar ás persoas que estos duros días se moveron e axudaron especialmente unha reportaxe fotográfica que recorda a última vez que todo un pobo se movilizou para loitar contra o que eles crían que era unha inxustiza.
Corrían os últimos anos da década dos oitenta cando uns humildes fotógrafos de pobo entraron en conflicto co cura da parroquia poñendo en grave perigo o seu principal substento e medio de vida ante o cal gran parte dos seus veciños decidiron poñerse do seu lado e apoialo en todo o que fixera falta para que tres pequenas criaturas non quedaran sen un pedazo de pan que levar á boca. Todo elo levou a un conflicto que finalmente a sabiduría da igrexa católica soubo cortar á tempo evitando males maiores. De todos aqueles acontecementos, un xove de 13 anos, futuro redactor de camarinas.eu sacou unhas valiosas leccións para o futuro: a unidade do pobo de Camariñas pode acadar o imposible, e que ao final a boa veciñanza e unión entre todos os camariñáns, independentemente das súas ideas políticas fan que se pechen as brechas que se huberan aberto entre eles. En calquer caso tamén lle quedou un desexo para o futuro: que as dúas Españas nunca máis se volvan a enfrentar en Camariñas.
Montaxe de camarinas.eu

Comentarios
No dejes q te pisoteen q no van a poder!
PARA LO QUE SEA, ya lo sabes!!!!!
\\\\\\\"onte mandei o meu comentario\\\\\\\"
Pero nembargantes non o vexo refrexado na páxina.
Vin a mensaxe de:\\\\\\\"gard ado\\\\\\\".Per o debeuse de gardar moito cando non aparece.
Pergúntome:\\\\\\\"¿Non o soupen facer?O mellor hai que poñer un código que supoño será o mesmo que a miña contrasinal. Non o sei
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.