5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (9 Votes)
Calquer visitante pouco avispado que cara a unha da tarde deste xoves 25 de novembro de 2010 se acercase pola Praza da Insuela e vise como o Concello de Camariñas recepcionaba oficialmente un tractor-guindastre de última tecnoloxía podería pensar, en harmonía ca batería de medidas de sorte diversa que o Goberno ten posto en marcha para paliar o estado agónico das contas públicas en España, que como complemento ao hachazo inferido nas nóminas dos funcionarios públicos, o mencionado tractor tería como destino ao diverso persoal político do concello: toda unha ristra de concelleiros de tódalas cores políticas sacrificándose duramente envoltos pola xiada da mañán, tostándose ao duro sol da tarde, con grosas gotas de suor salado esvarando polos allados rostros, sachando as patacas, recollendo o millo, por mor de exportar o producto do seu honrado e sacrificado traballo cara os mercados internacionais para cas divisas sanear as contas das administracións públicas. Pero non, querido accionariado, nada máis lonxe da realidade, segundo nos contan dende o concello o mencionado tractor guindastre dotado dun variado elenco de pertrechos, utensilios e maquinaria, incluso dun impecable e amplio remolque e valorado en preto de 70.000 euros ten como destino o Servizo Municipal de Vías e Obras.

O tractor é financiado ca aportación que lle corresponde ao Concello de Camariñas pola súa pertenza á Rede Natura e foi transferida ao efecto pola Xunta de Galicia, nembargantes corría algo de prisa na súa recepción, xa que o prazo concedido por parte da Xunta para a xustificación da inversión fui mui breve, por elo a empresa subministradora con sede en Baio na fría mañán deste xoves traía ata a Praza de Insuela o que será o primer tractor propiedade do Concello de Camariñas nos máis de trinta anos de traxectoria democrática do mesmo, firmándose alí mesmo, sobre o remolque, polo alcalde camariñán e o subministrador o traspaso de poderes respecto o robusto e impecable tractor. Este, de orixe  nipona ou coreana, en todo caso extremoasiática, poderá ser destinado tanto á limpeza de cunetas, como ao arranxo de camiños, ou ao transporte da diversa maquinaria do Servizo de Vías e Obras municipal e bueno, en fin, quen sabe se algún día non moi lonxano (dado o rumbo que leva esta España dos nosos días) os nosos campos verán un lexión de exemplares políticos que extraen co seu propio esforzo o froito da bendita terra. Agora xa teñen un tractor para poñerse mans á obra.

Comentarios   

gegeg
-2 # Facede simplemente o que tendes que facer siquera esogegeg 27/11/2010 11:20
Poder traer o que quiran total eles non pagan e de unha que se esta empeñado ala pola barranquilla si miraran as cousas que obligatoriament e tiñan que mirar,ala un tractor non chega con darlle os travallos todos o mismo sujeto que si non que compren material pa que este millor e os do pueblo ala a abrir a boca si non teñen travallo a comer a casa de cristo.
Responder | Denunciar ante o administrador