5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (16 Votes)
Este domingo vivimos o maior verbooking de barcos atracados no porto camariñánPosiblemente o Porto de Camariñas rexistrou este luns 8 de novembro de 2010 o maior cheo da súa historia. Ante o aviso dun novo temporal (o que seríe o terceiro no que vai de ano) barcos chegados dende toda España provocaron un overbooking naviero que nin os máis vellos do lugar recordan: embarcacións de Camelle, Laxe, Ribeira, Muxía, A Coruña, Bermeo, Asturias, etc... decidiron acollerse ao calor do porto camariñán por mor dunha nova cicloxénese explosiva chegada esta vez dende Irlanda (é decir, provinte do Noroeste) que se ben amortiguada e perdendo forza espérase que chegue ameazante cara ás 18:00 deste desapacible luns. Por haber, ata atopamos un catamarán entregado á arte da pesca da merluza. Todo o cal ven a confirmar aquelas noticias publicadas nos primeiros días de camarinas.eu onde xa constatábamos con orgullo e satisfacción como o noso porto se convertira nun dos máis seguros de toda a costa galega, achegándose cara o mesmo barcos de toda España cando os elementos viñan mal dados. A elo contribúe sen dúbidas a posición privilexiada, estratéxica, de Camariñas como auténtico corazón da Costa da Morte, o cal foi debidamente evaluado por Portos de Galicia á hora de incluir no Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI unha ampliación do peirao exterior camariñán orzamentada en máis de tres millóns de euros, obras que deberían comenzar teóricamente cara ao final deste exercicio 2010. E boa falta que van facer.

{phocagallery view=category|categoryid=250|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios   

ReyesFP
+2 # Porto Refuxio da Costa da MorteReyesFP 08/11/2010 17:29
Acostumbrado a pasear por el muelle en los días de verano, me llama la atención, el espectáculo de tantos barcos amarrados... y tan pocas personas paseando. Gracias Diego, por permitirnos efectuar este paseo sin salir de casa. Muy bonitas las fotos.

Que el temporal no haga daño y que todos estos barcos puedan regresar al tajo lo antes posible.

Reyes
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+2 # RE: Porto Refuxio da Costa da MorteMikel 08/11/2010 17:54
Non son moi entrado en anos pero perfectamente moitos de nós podemos acordarnos perfectamente de que antes de que o peirao(muelle novo)estibera feito,cada vez que habia unha "vaja de mar" os malecóns do frente marítimo acababan revosando de mar..as olas traen en si a chamada resacada,esa que produce dito fenómeno(mar de fondo).

Hoxe en dia,e non o digo ou decimos por ser de Camariñas ou simplemente mariñeiros(como é o meu caso),o porto de Camariñas,por situación da natureza,pola obra do home na construcción do peirao;
-Camariñas é o porto máis seguro de toda a Costa da Morte e limítrofes...

Pena que non se expandan ideas e poder explotalo a nivel negocio portuario algo máis...incluso, non fai moitos anos,buques de mediana embergadura,fac ian parada e descarga no espigón vello(sal,por ejemplo)...

Ninguén(penso)aconsella o noso porto para nada e en capacidad(léase cando estea rematado todo o que falta),comodida d,seguridad,Cam ariñas posúe un valor incalculable.O noso porto.
Responder | Denunciar ante o administrador
piñolo
0 # a costa da vidapiñolo 18/02/2011 02:53
hola mikel: desirche ke justoume muito o teu comentario do porto refuxio...camar iñas e o corason da costa da,,,,,vida,,,e tamen da morte muitos barcos foron a pike, pero tamen se salvaron outros,.e tubemos un dike durante muitos anos,dentro da ria. pero a ria de camariñas,,como refuxio..e conocida por todos os marinos do mundo..o ke non saben,e ke ,,,muxia ,esta na ria de camariñas,,solo conosen a muxia por o chapapote,,ou mellor dito ,,por o pp.jajajaja,,un aqbrazo....
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Porto Refuxio da Costa da Morterubiasexy 08/11/2010 18:40
muy bonitas fotos diego mima ahora ca casa que tes podes quitar fotos que se ve todo camariñas fas majas chaval asi si que ves o bueno grasias sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Porto Refuxio da Costa da MorteBeldoña 08/11/2010 21:19
Xa de neno, con aqueles invernos terribles e traxicos, sempre recordo o nóso porto cheo de barcos de tódalas partes, e, a seus mariñeiros enchendo as tascas, animando as rúas do pobo.
En parte, comprendo a decisión dos nosos antepasados que se viron obligados a rerruir o Castillo pa construir o único elemento de defensa contra as marusías.Eran outros tempos moi distintos, con outras prioridades.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
piñolo
0 # a costa da vidapiñolo 21/02/2011 16:49
hola mikel: desirche ke justoume muito o teu comentario do porto refuxio...camar iñas e o corason da costa da,,,,,vida,,,e tamen da morte muitos barcos foron a pike, pero tamen se salvaron outros,.e tubemos un dike durante muitos anos,dentro da ria. pero a ria de camariñas,,como refuxio..e conocida por todos os marinos do mundo..o ke non saben,e ke ,,,muxia ,esta na ria de camariñas,,solo conosen a muxia por o chapapote,,ou mellor dito ,,por o pp.jajajaja,,un aqbrazo....
Responder | Denunciar ante o administrador