Destrozos na fermosa praia de Lingunde

Descalabrada de verdade si que quedou aquela bancada de madeira que baixo o célebre e sombreado pino de Lingunde algunha administración sufragou hai uns cantos anos. Tampouco é que valera para muito pero o mar nun dos recentes temporais que sacudiron a costa debío subir ata arriba do tamén destartalado, abandonado e semisalvaxe areal camariñán  de Lingunde arrasando co mobiliario público e levando consigo unhas boas toneladas daquela area sufragada por esa mesma administración a que se lle dou por poñer os citados bancos de madeira. Lingunde, a praia perfecta para cobixarse cando sopla o vento do nordeste, ata o extremo de converterse nun auténtico forno crematorio nos mellores días ventosos do verán, a súa propia situación estratéxica faina vulnerable aos temporais vendavalados como o que, presumiblemente, levou todo por diante en datas recentes.

Agora xa queda tan só esperar a que a próxima surada en chegar ás nosas costas acompañada dunha forte marexada arramble ca bancada de madeira e a leve polo mar adiante. En fin, tampouco é que teña muita importancia: polas datas nas que nos atopamos, non se espera a chegada de autobuses cargados de turistas xaponeses dispostos a tostar a súa pel oriental nunha invernal Lingunde, pero non hai moito tempo falábamos que a diferencia entre un estado occidental e civilizado e unha república bananera atopábase precisamente no mantenimiento do mobiliario público... Cando sexa avistada surcando os sete mares unha espigada bancada de madeira que dea descanso a avellentados lobos de mar, fermosas sireas e bochudas marsopas marinas, que saiban que é propiedade do pobo de Camariñas...

{phocagallery view=category|categoryid=249|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

samsam
0 # RE: Destrozos na Praia de Lingundesamsam 06/11/2010 20:26
pois como veña o mar que da po lunes, van chejar os bancos a discoteca de papucho jejeje
Responder | Denunciar ante o administrador