5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (17 Votes)

Un manto branco extendíose estes días pola Ría de Camariñas

Os descalabrados osos camariñáns levaron unha bo golpe na tarde do martes 2 de novembro cando unha fría néboa, surcando montes, trepando colinas, penetrando polo Areal de Xaviña, pola Ensenada da Vasa, adueñouse durante unhas horas da que, por abreviar, daremos en chamar Ría de Camariñas.  Unha colla de xubilados mata a tarde gris sentada nun banco do destartalado, abandonado e semisalvaxe paseo marítimo que leva ata Area da Vila e trata de arranxar o mundo. Aos habituais efluvios odoríferos un malestar crecente, unha dor sorda, apodérase duns osos que "ca borraxeira non andan nin con ferros". As gaivotas, donas e señoras do lugar, reposan, como aeronaves na cuberta dun portavións, en fila ao longo do malecón listas para despegar en perfecta formación de combate aos máis mínimos ladridos de calquer canciño impertinente e ladrador. Gamelas que viviron mellores días, unha praia enteiramente formada por detritos, escombros de puntas romas, malas herbas nacidas entre as xunturas dunhas decrépitas baldosas, opacas farolas que un aínda non se explica como siguen en pe, embarcacións que parten rumbo ao descoñecido entre a néboa, unha néboa que corroe osos descalabrados... Triste tarde de outono na Ría que, por aquelo de abreviar (nada máis que por eso), daremos en chamar de Camariñas.

{phocagallery view=category|categoryid=248|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario