- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 16 Outubro 2010 16 Outubro 2010
Amanece cedo en Xaviña e baixo os febles raios solares que se abren paso pausadamente a través unha pequena pátina neboenta un pequeno contixente humano e traballador emprende, baixo os ladridos ledos e activos dun canciño protestón, o camiño da eira: toca recoller o froito daquelo que fora prantado pasado San Xurxo. A amplia llanura xaviñana e as alturas de Buría como expoñente emblemático do reinado do millo no Concello de Camariñas, exemplo paradigmático da alma agrícola dunhas terras volcadas dende sempre no mar. Terras de xentes traballadoras, aforradoras, cristianas vellas, onde o fogar e a igrexa marcan o insoslaiable punto de inflexión, de xentes que co froito bendito da terra haberían de financiar dende séculos as empresas marítimas que as xentes do mar, máis soltas, máis inconstantes, máis desprendidas, acometerían cunha sorte impredecible. Camarinas.eu, a web líder da Costa da Morte, adica a colleita do millo do 2010 á parroquia máis extensa do concello cunha impresionante reportaxe fotográfica que ilustra como nos días da primeira quincena de outubro de 2010 cumprindo cunha costume inveterada o millo era, un ano máis, o Rei.
{phocagallery view=category|categoryid=230|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0|imageordering=3}
Comentarios
Antiguamente, recordo, cantaban os eixos dos carros polas nosas corredoiras,ent oando cancións de ledicia contaxiosa.Era o tempo da recolleita e a terra, agradecída,agas allaba cos seus froitos o traballo ben feito.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.