Ben sabido é de todos que o Faro Vilán de Camariñas non fai máis que recibir visitantes: é sen dúbidas o punto de atracción de turistas máis importante que temos no noso Concello debido a unha ubicación xeográfica privilexiada e a unha construcción arquitectónica sinxelamente perfecta. A súa beleza fala por si mesma. Por elo da man do noso querido amigo Héctor Alonso, un importante executivo de Inditex visitou o noso Faro na mañán deste martes 23 de outubro de 2007.

Nesta ocasión os visitantes que viñeron atraídos pola fermosura do máis senlleiro dos faros de España (o único que lle podería disputar tal título é a Torre de Hércules da Coruña, e aínda así había que velo: un duelo de xigantes de pedra) eran importantes directivos de dúas grandes multinacionais, cansados de ver monumentos históricos ao longo do mundo, pero aínda así quedaron rendidos diante da grandeza do Vilán. Un destes executivos era Javier Chercoles, Director de Responsabilidade Corporativa de Inditex, antiguo profesor na prestixiosa Universidade de Harvard e actualmente xefe de Héctor Alonso Fernández, o noso Héctor, que agora está a traballar de Enxeñeiro Químico na xigantesca firma textil levantada por Amancio Ortega.

Acompañaban ao anterior dous prestixiosos directivos hindúes pertencentes á multinacional SGS con sede en Suiza, encargada de facer as auditorías sociais de Inditex. Héctor, como bo camariñán, non perde ocasión de facer publicidade do noso pobo e das súas belezas diante de quen sexa, en esta ocasión importantes directivos que sen dúbida quedaron impresionados e falarán en todo o mundo da beleza da súa maxestade: O Faro Vilán.

Héctor, ¿un posible Top Camariñas?
Héctor, ¿un posible Top Camariñas?

Engadir un comentario