4.2 1 1 1 1 1 Rating 4.20 (20 Votes)

Operario insertando veleno

A protección da salubridade pública, obriga onde debemos incluir a do control de pragas, é un dos servizos que a lexislación vixente configura como de prestación obrigatoria por parte dun concello, por elo dende hai xa uns cantos a empresa Nogal Riosán é a encargada de perpretar o xenocidio controlado de ratas, ratos, ratiños e lirias nas rúas de Camariñas. Por elo este xoves 7 de outubro de 2010 e con carácter previo a que o tifón Paula (a tormenta perfecta, din por ahí) contribuia na medida das súas posibilidades á labor saneadora, podíamos ver a un operario da mencionada empresa repartindo por doquier pequenos regaliños envelenados con destino á poboación roedora da Vila das Palilleiras. O caso é que nestes días algúns veciños queixábanse dunha certa proliferación ratonil polas rúas da vila que creían erradicada e que con estas medidas persuasivas e xenocidas se espera que queden solucionadas. Esperemos tamén que non afecten estas sustancias letais a algún canciño despistado, que tras probar o sabor dulzón da morte acabe en el Cielo de Los Perros (onde os esperarían "el perro de Hitler; las Lassies malas; Checkers, o canciño de Richard Nixon"... que decían un día nos Simpson), porque entón aquí si que pode arder Troia.

 

Engadir un comentario