4.1904761904762 1 1 1 1 1 Rating 4.19 (21 Votes)

Frigoríficos Canosa presente en Conxemar 2010

Este martes 5 de outubro de 2010 arrancou en Vigo a duodécima edición de Conxemar, a maior feira internacional de productos do mar conxelados, ca presencia dunha empresa camariñana, Frigoríficos de Camariñas, que se confirma un ano máis como un grandes dos líderes no sector do pulpo conxelado. É de destacar que a pesares dos momentos de crise económica que se están a cebar especialmente con España este ano o número de stands aumentou un 5% respecto ao ano pasado e empresas de máis de 40 países están presentes nun evento no que esta empresa propiedade de Luis Canosa non falta a unha soa edición e así xa en data tan lonxana como outubro de 2007 camarinas.eu xa facíase eco da presenza desta puxante empresa na gran feira viguesa. Ademáis das autoridades presentes que inauguraron o acto, entre as que destacaron o Presidente da Xunta, a Ministra de Pesca, a Conselleira do Mar, o tronado alcalde vigués Abel Caballero (que agora se fai inaugurar as obras con piano de cola en ristre no medio da vía pública) e unha longa cohorte de altos cargos, tamén se desprazou ata o sur galego o alcalde camariñán Pichurri, que un ano máis visita os stands das distintas empresas do concello presentes. Entre elas e liderando o sector do pulpo conxelado, Frigoríficos de Camariñas.

 

Engadir un comentario