3.875 1 1 1 1 1 Rating 3.88 (32 Votes)
En realidade o proxecto chamábase "Construcción de Beirarrúas na marxe dereita da Pista a Mourín" ou algo así, pero ao final o que vai a quedar será unha auténtica Avenida de Mourín: unha obra que conlevará a ampliación dos servizos existentes, o ancheamento da estrada e a construcción dunhas beirarrúas que completarán as xa acometidas hai dous anos na marxe contraria. Así o demostra o estado actual das obras e a decir verdade algo intuíamos aquí en camarinas.eu ao ver as impresionantes obras de fortificación dun campamento impenetrable, un auténtico fortín inexpugnable, realizadas polo noso querido amigo J.A., xerente en xefe de Construcciones Mantido SL, na explanada situada a carón do Supermercado Día, en terreos propiedade do Obispado de Santiago, para gardar a maquinaria e demáis pertrechos dunha empresa de construcción lexendaria na Costa da Morte.

Obras que comenzaron a comenzos do mes de setembro de 2010, hai preto dun mes e que son financiadas dentro do Plan Complementario ao Plan de Obras e Servizos 2009 pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas e que foron axudicadas inicialmente en preto de 130.000,00 euros á empresa de construccións camariñana Mantido SL, xusta vencedora do concurso público convocado ao efecto. E dado que se levaba máis dun mes en plena acción deportiva na gran avenida rectilínea que leva ás alturas milenarias e castrexas, celtas en definitiva de Mourín, era chegada a hora de que un comando informativo de camarinas.eu (pulso de enxeñeiro aficcionado, alma xubilada en movimiento obrero) chequease o estado da cuestión. E alí atopamos a Martín empregándose aos mandos dun brazo mecánico con pes de oruga en derruir o existente, ruinas derruidas dun tempo antigo, encargándose de abrir os espacios necesarios que dotarán a Buría dunha obra chamada a cambiar para sempre a face dunha pista convertida en avenida e que continúa o carrusel de obras que alá polo mes de xuño acamarinas.eu anticipara que ía invadir o camariñán Distrito de Buría. E que supoñe o retorno de Construcciones Mantido SL á terra que a vío nacer.

{phocagallery view=category|categoryid=48|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

San Remo
+1 # mellorSan Remo 02/10/2010 08:58
Bueno carallo xa me vai justando mais o pueblo. Despois de que estan finalmente renovando as carreteras e puxeron os pasos de peaton ahora que vallan poñendo aparcamientos como se debe e uns guardias pa respetar as señales e mais a velocidad.

Saludos de ZÜRICH
Responder | Denunciar ante o administrador