3.7916666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.79 (24 Votes)

Lupe xunto ás súas grandes amigas Gloria e Ánton

Andaba atareada estes días a gran amiga e seguidora habitual de camarinas.eu Lupe atando os últimos flecos da viaxe colectiva dun grupo de camariñáns ata as Illas Canarias, viaxe que funde as súas raíces uns cantos anos atrás. Concretamente nos tempos nos que unha xove Guadalupe Vázquez estudiaba Maxisterio na Illa de Gran Canaria. Foi entón cando trabou unha amistade que habería de extenderse ao longo da súa vida con dúas xóvenes canarias: Gloria e Ánton (Antonia). Uns lazos de complicicidade e compañeirismo que as levaron a, unha vez superados os seus estudios por Lupe e retornada á Península, ter que verse cunha periodicidade anual mediante viaxes alternos de Gloria e Ánton a Camariñas ou de Lupe á súa querida illa de Gran Canaria.

Viaxes que iniciou Gloria en 1972 e que imitou Ánton en 1980, viaxes que as levaron a convertirse en grandes enamoradas de Camariñas, con especial predilección polos Areais de Reira e o Faro Vilán. Pero de xeito idéntico Lupe desarrollou unha grande admiración pola beleza inigualable do Monumento Natural do Roque Nublo, a montaña de orixe volcánica que se ergue sobre os seus máis de 80 metros en pleno centro da Illa de Gran Canaria, en terras do Concello de Tejeda. Pero estas viaxes que estas tres grandes amigas levan a cabo anualmente non só sirven para visitar algunhas das paraxes naturais máis fermosas do planeta, contarse as novidades que depara o pasar dos anos e estar xuntas, senón que co tempo comenzaron a desenrolar unha sorte de intercambios culturais e culinarios entre xentes provintes de terras tan diversas e distintas como as Illas Canarias e un rincón galego radicado na brumosa Costa da Morte.

Este ano como novidade un grupo de veciños de Camariñas poderán comprobar personalmente todo o sinalado, xa que por vez primeira Lupe viaxará acompañada dunha pequena delegación de embaixadores da Vila dos Encaixes que decidío, agora que as chuvias e os temporais seguramente non se farán esperar, pasar uns prácidos días ao sol sahariano. Esperemos que algún dos mesmos tome unhas cantas imaxes desta entrañable viaxe organizada por Lupe cara ás Illas Afortunadas, imaxes que den lugar á publicación dunha segunda parte da presente reportaxe. Dende camarinas.eu desexamos a todos unha feilz singladura, que disfruten dos encantos dunha terra única e tan só pedimos que ningún dos viaxeiros camariñáns confunda, alí nas parexes desérticas do Parque do Roque Nublo, o monumento pétreo que se ergue cara os ceos co Gran Cañón do Colorado, dado a semellanza existente entre ambas maravillas da natureza.

Por primeira vez este ano unha pequena delegación de Camariñas acompañará a Lupe na súa viaxe ás Canarias

 


 

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Viaxe a Illa de Gran CanariaBeldoña 27/09/2010 20:12
Bueno, pois a este colectivo de mulleres tan fermosas e emprendedoras, (todas elas coñecidas míñas), deséxolles unha boa singladura`por aquelas islas afortunadas tan lonxanas da nosa Costa da Morte.
Si precisades un meletero, avisademe.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador