3.8823529411765 1 1 1 1 1 Rating 3.88 (51 Votes)
Suele ser un problema recurrente das repúblicas bananeras, dos estados de medio pelo, o do mantemento. Así, hai xa uns anos o que era daquela un diario independente da mañán reconvertido actualmente por mor dos cíclicos cambios na gobernatura da nación en Boletín Oficial do Estado, nun artigo sobre Nixeria (con tódolos nosos respetos) decía que "El gran problema de este país es el mantenimiento. Una auténtica plaga nacional, ya se trate de un aeropuerto, una autopista o un simple baño público: una vez terminados, no se les volverá a dar ni una mano de pintura". Algo parecido cabía decir ata non hai moito das obras que se executaban en Camariñas: unha vez rematadas, ninguén se volvía a acordar delas e así as malas e inoportunas herbas, os toxos, as silvas e os cachos de cemento desprendidos, cicatrices formigonadas abertas ao sol, convertíanse nos protagonistas hexemónicos.

Pero todo eso parece pertencer ao pasado. Así nas obras de competencia municipal creouse un corpo patrullero de servizos e obras que baixo o mando xerárquico superior dos dous manolos (ex-lonjeiro e Brañas Verdes) percorren exhaustivamente o concello en busca de pequenas obras de mantemento qe executar sin fallo e tamén, aínda que cun certo retraso, a finais do mes de setembro e cando as muchedumbres de turistas que inundaron Camariñas este verán só Deus sabe onde van, operarios da empresa Espina y Delfín procederon a efectuar os arranxos de mantemento imprescindibles no Paseo Marítimo camariñán, terreos baixo a competencia de Portos de Galicia. Ao seu lado, traballadores da empresa camariñana Talleres Unión buceaban nun pozo de rexistro na búsqueda da solución que permitise arranxar uns pequenos fallos relativos á depuración das augas residuais que deberán ter o seu xusto final na EDAR de Portoselo.

Falando xa propiamente dos traballadores de Espina y Delfín, arranxaban o empedrado e losetas colocadas nas inmediacións desa Praza do Carme que esperemos que en non moito tempo poda verse despoxada da súa obra arqueolóxica máis famosa (a así chamada "Petra" ou "Persépolis", en honor ás columnas que dende hai máis de 30 anos constitúen o maior horror arquitectónico da Costa da Morte). Ao decir dos entendidos, no caso das losetas trataríase dun problema estructural causado pola non existencia de separación entre as mesmas, que co gran calor e os raios inclementes do sol deste verán acabaron por dilatarse, o que provocou o seu arqueamento. De outro dos grandes desperfectos existentes no Paseo Marítimo, a rotura continua das barandillas acristaladas da ponte xaponesa sobre o Poso do Muelle, estanques imperiais de Kyoto en estado puro, xa preferimos nin nombrala, tratar de indagar as causas e os culpables da súa rotura tampouco, tal e dor insoportable que causan á nosa alma camariñana.

 

Comentarios   

E logo ti de quen es
+1 # RE: Arranxos no Paseo MaritimoE logo ti de quen es 23/09/2010 08:53
Sin acritud.
E dos pasos de peatons da Ponte, que?
Responder | Denunciar ante o administrador
Travallos mal feitos
+1 # aaaaaaaaaTravallos mal feitos 23/09/2010 12:27
Eu penso que si eso fose ben feito non terian porque reformar aljo que esta feito de pedra en tan pouquiño tempo como alcantarillas de desagues etc para min e travallo mal feito e non ese solo e a miña opinion.
Responder | Denunciar ante o administrador