3.59375 1 1 1 1 1 Rating 3.59 (32 Votes)
Chámanlle a Rúa Real, non sabemos si algún Rei algunha vez pisou cas súas monárquicas pantuflas o seu piso pero o certo é que se agora se lle dese ao Emperador do Xapón, ao Rei de Suecia ou ao Ayatollah do Rock'n'Roll descender nunha carabela no Muelle do Curbeiro e enfilar cara a Praza Maior a través da Rúa Real as rexias prantas dos seus pes descansarían sobre un leito de pavimento pulido (que non impreso: novos tempos) que cubriría unhas profundidades subterráneas dotadas de todos os servizos acuáticos, eléctricos e telefónicos de última xeración. O caso é que este xoves 17 de setembro de 2010 podíamos ver aos chavales da empresa de construcción de José Martínez Rial afanarse duramente na transformación da Rúa Real, unhas desas arterias interiores de Camariñas ás que cada 20 anos hai que darlle un forte lavado de cara.

A última vez creemos recordar que fora a finais da década dos 80 nunhas obras que ameazaron con eternizarse e nas que algún espabilado raparigo con residencia na colindante Praza Maior casi se deixa un pe (este humilde e proletario, non monárquico) nun accidente de certa relevancia, obras que deron para tirar 20 anos. Agora cando parece que o anterior proxecto estaba xa esgotado procédese a unha nova modernización dunha rúa camariñana que posiblemente presta servizo pedestre aos veciños dende as orixes da creación da vila. Por elo por si a un dos aristocráticos visitantes antes mencionados se lle da por comprar un caserón en tan histórica rúa, haberá que tela en condicións e dotada de todos os adiantos técnicos. Vamos, decimos nos.

 

Comentarios   

Beldoña
+3 # Rua RealBeldoña 16/09/2010 18:39
Penso eu que a primeira vez que vin escachifada esta rúa, era eu un neno, cando inda nas casas, acendíase o candil...e, sorte que sea cada 20 anos, porque nas avenidas da Coruña, faise cada 20 días.
Todo polo progreso, pero sen pasarse.

Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
MADRILEÑO
+3 # Noraboa...MADRILEÑO 16/09/2010 21:33
Que razón ten , señor beldoña, a o decir que non se tocaba dende a época dos fachuzos esa calle, ainda que pra ser sinceiro, debo decir que estaba millor de terra que do que quedan pintadiñas de verde..., e a praza con arbres de gran porte , onde nos subiamos a ver os títeres, non sei se sera cousa dos fados , pero alegrome de ver que as vayas xa cumplen algunhas das funcios pras que foron feitas, e tamen me congratula poder ver que hay habilitado, algún que outro paso pra os peóns, non poido decir o mesmo das biseras -casco dos obreiros que estan a bular na zanja debaixo da pala excabadoira, pero pouquiño a pouco, todo se andará, grazas po-la laboura de arranxo do pobo, ainda que sexa pintandolle a cara, e grazas a iste medio por nos ter informados dun xeito tan eficaz , de verdade que os que estamos lonxe agradecemoslo.
Responder | Denunciar ante o administrador