3.1935483870968 1 1 1 1 1 Rating 3.19 (31 Votes)
¡Ah, querido accionariado, quen tuvera unha casiña nos Lugares do Riás ou Pións! Unha antiga casa de labranza, de pedra, reconstruida e co seu xardinciño, cunha boa lareira para asar suculentos churrascos, cun pórtico fresco e galego no que dende unha cómoda mecedora ver as tardes pasar e quen sabe si dotado dunha piscina opcional. Todo elo nunha paraxe privilexiada, ca natureza agreste á volta de esquina, os areais de Reira (plena Rede Natura) a un paso e dominando dende as alturas á vila de Camariñas. Ata o de agora semellante verxel aparecía lastrado por unha carencia difícilmente xustificable: a do saneamento. Pois ben tralas obras recentemente executadas acabáronse para sempre os pozos negros nun dos lugares máis recónditos do Distrito de Buría.

As obras do Saneamento nos Lugares de Pións e Riás, segundo nos contan dende o Concello, estaban incluidas dentro do Plan de Cooperación cos Concellos posto en marcha pola Deputación da Coruña (principal financiadora dos mesmos) e que inclúe obras a acometer no ámbito rural ou relacionadas co saneamento e abastacemento de augas. Dentro dese mesmo plan está previsto executar polo concello en canto se teñan as autorizacións pertinentes o Saneamento en Brañas Verdes ou na Ronda de San Xurxo en Camariñas.

Centrándonos xa nas obras acometidas no Riás e Pións, correron a cargo da empresa do laxeiro Fermín Simal, sendo adxudicadas nunha cantidade próxima aos 80.000 euros. Leváronse a cabo maiormente durante a época estival, nun soleado mes de agosto no que o carácter acolledor de Pións privaba do vento do nordeste que azotou inclementemente durante o mesmo Camariñas, o que agudizaba a elevada sensación térmica.Tras abrir nun primeiro momento a canle pola que discurriría a tubería principal tan só quedaba realizar as conexións aos fogares buriáns, tralo cal e unha capa do clásico e omnipresente (bueno, agora menos: a época dorada do formigón impreso) alquitrán e gravilla as rúas quedaron listas e con saneamento incorporado. Polo que agora faise especialmente atraínte a imaxe de perderse cunha fermosa muller e un cadeliño polos múltiples camiños e corredoiras que circundan as alturas de Camariñas sabendo que ao voltar ao fogar todo o producto dos despoxos humanos acabará onde históricamente suelen acabar los detritos camariñáns: no mar.

Engadir un comentario