Mercado Solidario de Camariñas 2010Tal e como anticipara camarinas.eu en relación ca III Festa da Palilleira a instalación dunha carpa en terreos do Muelle do Curbeiro era unha excelente idea que debía repetirse no futuro. Agora ben, o que non esperábamos era que tan só dúas semanas despois do seu estreo, volverá a ocupar como unha branca nave atracada  no antigo muelle camariñán uns terreos turísticamente privilexiados. Así, este venres 3 de setembro e co desexo de vingarse dunha climatoloxía que non dera tregua na primeira edición, abríase novamente o Mercado Solidario de Camariñas cunha delegación de políticos (esta vez sin casco nin peto reflectante: non había perigo de morte) encabezada polo así chamado Xefe Territorial da Consellería de Traballo Luis Alberto Álvarez.

Serán tres días que se extenderán polo primeiro fin de semana do mes de setembro en horario de 11:00 da mañán a 21:00 da noite e no que o 10% do recaudado destinarase ás asociacións Abondou, Íntegro, Abidisminuir e Avante. Como este foi un verán pródigo en visitas turísticas, asunto este no que ao parecer espéranos un radiante porvenir, os visitantes xa dende as primeiras horas subiron a bordo da gran nave branca por oleadas, como paso previo a perderse polos abarrotados bares e restaurantes da vila. Que siga así.

{phocagallery view=category|categoryid=22|limitstart=0|limitcount=0|imageordering=1}

 

Engadir un comentario