4.047619047619 1 1 1 1 1 Rating 4.05 (21 Votes)
Comparada cos resultados un tanto desastrosos que caracterizaron a edición anterior (inmisericorde actuación dun clima atroz incluida), cabe xulgar de forma bastante positiva a III Edición da Festa da Palilleira desenrolada na Vila de Camariñas nun só día este sábado 21 de agosto de 2010. Dictame favorable tanto en canto ao formato elexido para o seu desenrolo, como en relación a paraxe acotada para a súa instalación. Organizada dunha forma bastante máis modesta que edicións anteriores, sen grandes propagandas nin costosas publicidades, sen grandes nomes da política atraídos polo aquel de cortar unha cinta inaugural, a edición do 2010 sinalou ao noso humilde e limitado saber e entender o camiño que deberían seguir edición vindeiras dun certame de artesanía que non debe deixar de organizarse.

Tal vez supuxo a volta ás orixes: unha sinxela demostración en vivo de como se tece unha arte milenaria.  Este ano nunha ampla carpa despregada nos terreos privilexiados do Muelle do Curbeiro compúxose un escenario de ducias de experimentadas palilleiras, de animosas rapaciñas camariñanas ansiosas de emular unha arte aprendida de nais e avoas, cos sons doces e alegres, galegos, de Abrindo Rejo como banda sonora que atraía como un imán aos innumerables turistas que perdían os seus pasos polo Paseo Marítimo dunha vila que vivío un verán pródigo en turismo como probablemente nunca antes se vira. En definitiva, tal vez este exercicio de 2010 a Vila de Camariñas vivío a máis auténtica das Festas da Palilleira, a que supuxo a volta ás raíces.

{phocagallery view=category|categoryid=5|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario