3.6164383561644 1 1 1 1 1 Rating 3.62 (73 Votes)
Johnny Boyer amosa o espello de man gracias ao cal posiblemente salvou a súa vida en alta mar
Johnny Boyer amosa o espello de man gracias ao cal posiblemente salvou a súa vida en alta mar

Unha historia moi particular

Na mañán do luns 16 de agosto de 2010 arrivou aos pantaláns do Club Náutico de Camariñas un iate portador tras de si dunha historia moi particular, rocambolesca máis ben. A embarcación arrivaba co seu mástil partido, o seu motor estropeado e o seu timón roto, probablemente sin papeles de ningunha clase e sin seguro. Sin VHF a bordo, nin chivato, teléfono móvil, linterna, focos, bengalas ou calquer outro medio material co que facerse visible ou audible no medio do proceloso mar. Chegaba remolcado pola lancha Salvamar Altair, tras ser avistados cara as 10:00 horas por un pesqueiro fisterrán que dou o correspondente aviso os reflexos solares provocados cun pequeno espello de man polo patrón da embarcación, bautizada como Falco e de 6,65 metros de eslora. A súa procedencia era o porto galo de La Rochelle e o seu destino as Illas Azores. O seu patrón, un xoven francés chamado Johnny Boyer (polo que se ve nada que ver co ministro dos duros tempos do Felipismo), chegaba sin un só peso, non xa para pagar os preto de 200,00 euros correspondentes ás tarifas de salvamento ou un longo amarre nos pantaláns do CNC, senón nin tan siquera para facer unha simple chamada telefónica. A súa primeira intención foi abandonar ao mellor postor toda a súa bagaxe e retornar en bicicleta, único obxecto de certa entidade a bordo do iate, cara a Francia. Finalmente, tras unha pequena transacción mercantil pola que a embarcación pasou a mans dun dos rescatadores da Salvamar Altair, logo de lograr encasquetar a algún bo samaritano a bicicleta e de desfacerse de forma parecida dos demáis pertrechos, tras ser agasallado suculentamente cunha comida no restaurante do CNC e recibir pródigamente de mans do seu Presidente 100,00 euros como estipendio, púxose en marcha cara á cidade da Coruña. E así foi como no breve lapso dunhas poucas horas Camariñas asistío a unha historia moi particular, rocambolesca máis ben.

Engadir un comentario