- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 12 Agosto 2010 12 Agosto 2010

A seguridade dos peatóns en Camariñas será maior trala instalación dos novos pasos de cebra
A miragre dos Pasos de Peatóns
Pois por fin foron escuitadas, que non oídas (non é o mesmo), as súplicas dos usuarios de Camarinas.eu e como si dunha miragre se tratarse, cun pequeno retraso de ano e pico, os pasos de peatóns finalmente multiplicáronse pola vila de Camariñas de forma semellante a aquela parábola bíblica "de los panes y los peces". Así, na Avenida da Coruña apareceron ata catro pasos de cebra (Protección Civil, Xulgado de Paz, Estatua da Palilleira e Casa de Pedra), no Paseo Marítimo surxiron dous e ata incluso diante do histórico Café Bar Italiano apareceron outros dous máis, sen ben aquí un ao carón do outro pero en diagonal, de forma un pouco destartalada, con sinais de tráfico cortadas e reubicadas, en fin sabe Dios o que ahí pasou pero todos somos humanos e todos de vez en cando cometemos algún erro, de ahí que seguindo as ensinanzas bíblicas antes mencionadas deberíamos ser indulxentes e lembrar aquelo de "que tire la primera piedra el que esté libre de pecado". Aínda na mañán deste xoves 12 de agosto de 2010 podíanse ver operarios municipais mans á obra para proceder a pintar novos pasos de peatóns na Praza da Insuela. Despois de estar laiándonos durante máis dun ano pola ausencia dos vitais pasos de peatóns, agora que unha chuvia branca, que non dorada (non é o mesmo), de pasos inunda as rúas de Camariñas abrirase o inevitable debate de si tal paso tiña que estar aquí pero non alí e como si de membros dunha comisión de sabios expertos se estivera a falar todos emitiremos a nosa docta opinión, incluso aquí na redacción poderíamos queixarnos de que non foi atendida a nosa súplica de que unha alfombra branquiazul guiase os nosos pasos ata o Café Bar Arnela, pero non o faremos. Consideramos as medidas adoptadas correctas e necesarias e cas mesmas palabras cas que os laicos, republicanos e ataturkistas saúdaban un novo golpe de estado militar na Turquía dos anos setenta e oitenta proclamamos solemnemente "que sexa polo ben do país". Benvidos sexan os pasos de peatóns.
Comentarios
CA CEBRA SOLA NON FASEMOS NADA........... ..
Saludos desde Zürich,Suiza aqui fai un frio que pela 15 Grados oxe !!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.