3.4642857142857 1 1 1 1 1 Rating 3.46 (56 Votes)

Os operarios de Canto y Carril esfórzanse duramente nas obras baixo o inclemente sol estival

Os operarios de Martínez Rial esfórzanse duramente nas obras baixo o inclemente sol estival

Camariñas novamente en obras

Non debe ser especialmente agradable traballar baixo o intenso calor veraniego (aínda que un pouco rebaixado co intenso e inevitable nordeste) que estes días estamos a vivir en Camariñas, pero en ocasións non queda máis remedio e así os operarios daban esta semana comenzo oficial ás obras que cambiaran para sempre a cara da histórica Rúa Real de Camariñas e ao entorno da Praza do Mercado. Obras financiadas entre a Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas e adxudicadas nunha cantidade próxima aos 200.000 euros, suporán un novo pavimentado en formigón impreso así como unha mellora da rede de pluviais desta antiga rúa do centro histórico camariñán. Non rematan aquí estas obras dun viario que co novo sentido circulatorio de Camariñas colle nova forza xa que enténdese que deberán ser complementadas cas que Construcciones José Rial levará a cabo pola Rúa do Calvario tras resultar adxudicatario da obra Mellora do Saneamento na Grixa, como resulta ampliamente visible trala colocación do correspondente cartel  do Plan E ao carón dunha Igrexa Parroquial eclipsada por tan espectacular publicitación da financiación estatal das mencionadas obras.

Comentarios   

jesus
0 # hobrasjesus 10/08/2010 21:51
como pode ser que as obras que estan fasendo sean de septienbre si aun estamos en agosto ou bos confundistedes de mes ou de ano un saludo jesus
Responder | Denunciar ante o administrador