3.7272727272727 1 1 1 1 1 Rating 3.73 (99 Votes)
Dúas leyendas vivas do Real Madrid mano a mano, unha nos terreos de xogo, a outra nos sofás de casa
Dúas leyendas vivas do Real Madrid mano a mano, unha nos terreos de xogo, a outra nos sofás de casa

Historia do Real Madrid en Camariñas

Despois dunha derradeira tempada de tintes un tanto tenebrosos o madridismo camariñán recibío por fin a alegría que necesitaba ca visita dunha das maiores leyendas vivas a día de hoxe do Real Madrid: Manuel Sanchís Hontiyuelo. Membro dunha das mellores xeracións de futbolistas da historia de España, a Quinta do Buitre, defensa do Real Madrid durante 18 tempadas, campeón de oito Ligas, dúas Copas do Rey, cinco Supercopas, unha Copa da Liga, dúas Copas de Europa, dúas Copas da UEFA e unha Copa Intercontinental, chegaba a Camariñas procedente de Baiona pasadas as 21:00 deste domingo 1 de agosto a bordo do seu iate de 11,95 metros de eslora o "Roraima", sendo recibido oficialmente a pe de pantalán polo Comodoro do Club Náutico de Camariñas Marcos Vázquez Campaña. Facendo gala dunha gran simpatía e educación sacouse fotos con todos os presentes, incluso cun enemigo xurado do madridismo que nos días previos ao último derby ligueiro contra o Barça chegou a pronosticar polo messenger unha abultada derrota ("Ay Madrid, Madrid, que tunda vas levar"). Tras rexistrarse para pasar unha soa noite na caseta do CNC dirixíose acompañado da súa familia e amigos cara o Restaurante Puerto Arnela, onde degustou un impresionante menú composto por Caldo Galego, unha Percebada antolóxica e finalmente Lumbrigante con arroz, saboreando aos postres, tras ser invitado por un comensal veciño, a deliciosa caña de herbas galega. Tras a opípara cea da que quedou tan satisfeito que ata chegou a comprometerse a repartir nas altas esferas madrileñas tarxetas de visita do restaurante emblemático camariñán, novamente accedeu a unha nova sesión fotográfica con nomes ilustres do madridismo local que se acercaron pola Praza do Carme. Aínda na mañán deste luns podíase ver a un dos mellores futbolistas que dou España paseando tranquilamente polo noso Paseo Marítimo e comprando a prensa e o pan nas tendas da vila. Esperemos (os madridistas) que esta visita sexa o bo augurio dunha nova tempada exitosa da Gran Gloria Blanca na que tanto necesitamos creer.

Comentarios   

Duane Duke
+1 # RE: Visita de Manuel Sanchis a CamarinasDuane Duke 02/08/2010 23:26
Manolo Sanchís!!! Si señor, buque insignia do R.Madrid ata hai ben pouco. Ten pinta de ser unha persoa moi agradable. Non son para nada madridista pero si estuvera ahí tamén me hubera sacado unha foto con el.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # RE: Visita de Manuel Sanchis a Camarinaszhúkov 03/08/2010 23:52
Bueno Luis, eu con Sanchís, ti con Peeper Keenan (joder, Peeper Keenan!!). Ti ben sabes que eu toleaba por Corrosion Of Conformity. O caso é que esto ven a ser o mismo. Ou polo menos parecido: un ven a ser polo fútbol español o que o outro polo metal sureño... Peeper Keenan, ca súa vosesiña cantándolle no Deliverance...
Responder | Denunciar ante o administrador
Cristian Vimka
0 # Visita de Manuel Sanchis a CamarinasCristian Vimka 20/08/2010 20:53
un dos símbolos do madrid, que por certo son fanático do madrid, chegou a unha cidade simbólica de galicia, como non. ainda non sei como non veñen xogadores importantes a nosa vila.
Responder | Denunciar ante o administrador