- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 28 Xullo 2010 28 Xullo 2010

Unha inquedante invasión de algas marinas adueñouse de todas e cada unha das Praias de Reira
A invasión das Algas Marinas
Un día chegaron e apoderáronse de todo. Deso hai xa dúas semanas. De un modo sixiloso, imperceptible, constante e matemático un continxente de visitantes provintes dos fondos marinos abisales adueñouse de todas e cada unha das praias que compoñen o Areal de Reira dunha forma tan absoluta que non deixaron resquicio algún para o baño humano. Aposentáronse dun modo tan contundente nas ribeiras do mar que non permitiron a contemplación tranquila do horizonte dende as beiras mesmas do océano. Nin todos os tractores de Xaviña e parte dos de Buría bastarían para devolver ao seu estado virxinal uns areais sempre salvaxes e solitarios. Outro frente foi o constituido polos sucesos acontecidos dentro da apacible Ría de Camariñas, onde unha masa amorfa de argazo pestilente penetrou en profundidade sen maiores problemas ata o fondo mesmo dunhas ateigadas praias, para posteriormente, unha vez asentada, facer forte a súa posición a través de tropas auxiliares de pulgas, moscas e atabáns, enturbiando e imposibilitando o descanso duns humanos obrigados a batirse en cariacontecida retirada. Lingunde como exemplo paradigmático destes feitos. Brigadas de operarios de limpeza de praias exhaustos ata o agotamento e renegando do momento no que se vincularon por un maldito contrato. Estranos sucesos os acontecidos nunhas terras estranas. Os máis sabios de Xaviña relatando entre café e café como dende hai preto de cincuenta anos non se vía aljaso na Praia de Area Longa. E non moi lonxe de alí, no areal máis occidental da Pedrosa, elaborado dese mesmo material putrefacto vencedor, modelado por quen sabe quen, chegado de quen sabe onde, creadas con que escuros designios, dúas esculturas de evocación aparentemente alieníxena contemplan incólumes aos ventos do nordeste, parapetadas tras dunha duna, o triunfo aplastante da natureza sobre o lecer humano.
Comentarios
APROVEITADE QUE COMO SIJAMOS ASI IMOS TER QUE TRABALLAR A TERRA COMO NOS ANOS 50 E 60,BOAS BERZAS Y BOAS PATACAS HEMOS DE TER CON SEMEJANTE ALJAZO !!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.