Atopábase un redactor nos primeiros días do mes de agosto de 2006 únicamente preocupado por sobrevivir na xungla urbana de San Petersburgo cando as pantallas dos televisores do lonxano norte foron invadidas con imaxes dun lume devorador que arrasaba Galicia dunha punta a outra, chegando ao extremo que equipos de enviados especiais das distintas televisións rusas informaban puntualmente a diario dunha situación que adquiría tintes apocalípticos. Recentemente, un usuario diario de Camarinas.eu comentaba a raíz da reportaxe publicada sobre a ruta dos muiños de auga de Camariñas que a existencia da mesma nunca foi tan visible como nos días seguintes a aqueles nos que o Monte da Rega fora arrasado polos lumes veraniegos do 2006. Agora que son xa pasados catro anos de relativa calma en canto a incendios estivais unha sinxela visita a calqueira dos bosques e montes que circundan o núcleo urbano de Camariñas permite comprobar como moitos deles vense abandonados á incuria e ao descuido máis absolutos, con ducias de toneladas de madeira seca sen recoller, lista para inflamarse á menor chispa ou como a vexetación en moitos lugares acadou tal grado de salvaxismo que impide o paso polos antigos camiños e elévase inquedantemente a carón dunhas árbores desprotexidas. As xunglas do Amazonas a dous pasos das nosas casas. Con todo, todavía existen un puñado de pinales, limpos e arranxados, cumpridores das mínimas normas de seguridade, que conceden unha posibilidade de esperanza. Porque todo esforzo será pouco para que non haxa que volver a aplicar aquelo que decía sobre a nosa masa forestal a célebre tonada do durante tantos anos bardo invidente camariñán, palabras ambientadas polo que se intúe a mediados da década dos oitenta: "Con Franco, cartos no banco. Con Suáres, hubo que vender os pinales. Con Felipe, todos a pique. Si queres que todo volva a ser como antes, vota a Manolo o dos Tirantes"....

Engadir un comentario