3.5416666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.54 (48 Votes)

Ca instalación das novas sinais circulatorias todo está listo para que entre en vigor o novo réxime vial
Ca instalación das novas sinais circulatorias todo está listo para que entre en vigor o novo réxime vial

Novo réxime vial

Os que se aventuraran nestes días polas rúas que conforman o casco histórico camariñán (Rúa San Miguel, Rúa do Medio, Rúa do Areal, así como a Rúa Pinzón) comprobarían como fixeron a súa aparición de forma masiva as sinais de tráfico que rexerán o novo sentido circulatorio da Vila dos Encaixes. Tal e como anticipara hai xa máis de un ano e medio camarinas.eu con ocasión das obras de pavimentado da Calle do Medio e da Calle San Miguel o novo réxime consiste en que esta última quedará como rúa peatonal (proceso de humanización, que se suele decir nos proxectos oficiais, que queda máis fino), na instauración do sentido obrigatorio ascendente na Rúa do Medio, do Areal e Avenida Eugenio López e de forma sorpresiva, queda instaurado únicamente o sentido obrigatorio descendente pola antaño vital e agora vida a menos Rúa Pinzón. Respecto a esta última cómpre destacar o impresionante bache, un socavón en toda regra, que presenta esta rúa no seu cruce ca Travesía do Muiño do Vento e que levan a pensar senón estarán a a piques de comenzar as obras de construcción do metro en Camariñas. Por último destacar que asemesmo pola Travesía do Muiño do Vento a partires de agora únicamente poderá seguirse un sentido descendente. Será o paso do tempo e a forma na que os camariñáns se adapten a este novo réxime vial o que determine o grado de acerto das medidas tomadas, pero en principio parecen presentar un cariz positivo, sobre todo a xustificación dada para instaurar o sentido obrigatorio ascendente na Rúa do Medio: o maior grado de visibilidade dos conductores sobre os nenos que xogan no Parque da Praza Maior ao non ter tapada a visión por ningún edificio así como a menor velocidade dos coches que suban, polo que parece que se gaña en seguridade. En fin, Dios dirá.

Comentarios   

anxo
0 # vaia merdaanxo 05/07/2010 22:14
non podo nin case entrar no meu piso teño que dar mil voltas para chegar a el frente a clinica
Responder | Denunciar ante o administrador