3.974358974359 1 1 1 1 1 Rating 3.97 (39 Votes)

Rematada a rexeneración da praia de Camelle 

Un impresionante e extenso areal cobrou vida en Camelle tras as obras de rexeneración da súa praia
Un impresionante e extenso areal cobrou vida en Camelle tras as obras de rexeneración da súa praia

Pois depois de invertir máis de un millón de euros e dunhas obras que se extenderon ao longo duns cantos meses a nova praia de Camelle xa está lista. Agora será cando se comprobe si resultaron certeiras as previsións dos técnicos do Ministerio de Medio Ambiente acerca do gran potencial dun areal de orixe fluvial, enclavado en pleno centro urbán dunha vila e ca tranquilidade propia das augas acollidas ao que agora resulta un dos portos máis seguros de Galicia.  Incluso quedaron arranxados, esperemos que definitivamente, os problemas provocados polas augas pluviais que cruzaban o areal e que agora están debidamente canalizadas, algo que motivou no seu momento a protesta da Asociación Veciñal A Pergoliña. Así pois, en principio todo parece en condicións para dotar a Camelle dun importante reclamo turístico que engadir aos que xa posee a vila, e que abranguen dende maravillas naturais ata obras de arte do maior artista que posiblemente vío a Costa da Morte na súa historia. Camarinas.eu xa estivo en viaxe de prospección pola cara norte do Concello de Camariñas para dar fe do novo patrimonio paisaxístico que entra a formar parte do mesmo, e agora tan só espera a chegada do bo tempo para ir a darse o debido chapuzón veraniego no impresionante areal que cobrou vida en Camelle.

Comentarios   

E logo ti de quen es
0 # RE: Nova Praia de CamelleE logo ti de quen es 04/07/2010 12:55
Xa teño ganas de ver a praia de Camelle rexenerada, que pouquiño me falta para estar de vacacions.
Responder | Denunciar ante o administrador