3.9787234042553 1 1 1 1 1 Rating 3.98 (47 Votes)

Reira, cementerio forestal 

A forza do mar de Reira trouxo ata un dos seus areais unha árbore tan só despoxada das súas polas
A forza do mar de Reira trouxo ata un dos seus areais unha árbore tan só despoxada das súas polas

Reminiscencias dos grandes cursos fluviais siberianos, do Yenisei, do Obi, do Irtysh, do Angará, do Lena; dos ríos de montaña noruegos que levan o seu caudal a morrer aos nórdicos fiordos; ou do mundo dos leñadores do Estado madereiro de Oregón, nos Estados Unidos, tan ben recreado polo film dirixido e intrepretado en 1971 por Paul Newman "Casta Invencible", todos eles cas súas grandes masas forestais flotando curso abaixo por uns ríos convertidos en medios de transporte, viñeron á mente do redactor cando na encapotada e triste tarde do 26 de xuño de 2010 observou sorprendido como unha árbore arrancada quen sabe de ónde, chegada ninguén sabe como, xacía acostada en toda a súa esbelta extensión no areal situado despois da Praia Grande de Reira si se sigue o camiño que leva ata o Cemiterio dos Ingleses. Un redactor que o presente subscribe, ao longo dos seus xa bastantes anos de existencia nesta vida corrompida e pecadora vío xa de todo nos areais de Reira, as cousas máis extranas que un imaxinar poida, traídas sempre por un mar furioso e embravecido, pero unha árbore, aínda cas raíces que a fixeron crecer ás costas e só despoxada dunhas ramas que quedaron esparcidas polos mares procelosos no que tivo que ser unha singladura errática, perigosa, convertida en letal torpedo inesperado, eso si que nunca o vira. Por eso o trae ás páxinas do medio de comunicación máis visto da historia da Costa así chamada da Morte.

Engadir un comentario