- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 14 Outubro 2007 14 Outubro 2007

Unha das clásicas e terribles churrasacadas no baixo de Don Ricardo en Area da Vila
As cousas feitas na casa saben mellor, como ben sabía o noso querido profesor
Don Ricardo, o ilustre profesor que todos coñecemos en Camariñas e camariñán adoptivo era e é un gran home ao que lle gustaba compartir todo o que tiña cos seus amigos e veciños, por iso, cando se poñía a facer a súa propia caña de herbas quería que os seus compañeiros foran os primeiros en probala recén saída do alambique. A explosión de sabores que esta caña producía era incalculable según dicían e non eran poucos os amigos que lle pedían unha pequena botelliña para levar á súa casa, cousa á que Don Ricardo nunca se negaba. Era este día de destile brutal unha festa na casa de Don Ricardo o cal preparaba unha gran churrascada para deleitar aos seus. Estas fotos que hoxe trae camarinas.eu ás súas páxinas son unha prova delo e nelas podemos ver entre outros a un dos nosos redactores (cun chandal amarillo moi bonito, prenda que tanto lle gusta levar debido á súa afición á práctica do deporte) xunto ao xa falecido Argentino vello, grande e respetado home de Camariñas.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.