3.9375 1 1 1 1 1 Rating 3.94 (48 Votes)

Desapareceu a ameaza que supoñían as desvencilladas aspas dalgúns muiños eólicos do Parque do Vilán
Desapareceu a ameaza que supoñían as desvencilladas aspas dalgúns muiños eólicos do Parque do Vilán

El viento que agita la cebada

Primeiro foi "Lo que el viento se llevó" (06/09/2009), despois "El viento se llevó lo que" (05/11/2009), e finalmente vai a ser "El viento que agita la cebada", film dirixido en 2006 polo británico Ken Loach e ambientado nas loitas pola independencia de Irlanda. Porque dende esta semana o vento volve a correr raudo e libre, axitando sen maiores amenazas os toxos que rodean o conxunto de muiños que conforman o Parque Eólico do Vilán tralos traballos de renovación acometidos por uns operarios que procederon a retirar aquelas aspas moribundas que estiveron ameazando con derrumbarse estrepitosamente durante unha boa temporada. Aquí en camarinas.eu non nos gusta denunciar por denunciar, buscando crear un clima artificial de catastrofismo, senón que desexamos que a vida das boas xentes do Concello de Camariñas e por ende do resto da Costa da Morte, discurran prácidas e tranquilas, apacibles no xa de por si duro deambular cotidiano, en especial a das xóvenes parellas (e xa non tan xóvenes) que nas madrugadas do fin do semana aproveitan para acercarse nos seus utilitarios ata o Parque Eólico do Vilán, para que poidan abandonarse sen reparo ao desenfreno pasional sen a inquedanza de que unha inoportuna aspa enloquecida veña a cortar en seco ás evolucións das súas artes amatorias. Por todo elo, si no seu momento denunciouse a existencia dun problema, agora que parece estar xa arranxado é de xustiza dar fe delo.  O amor pode fluir sen maiores problemas.

 Noticias Relacionadas

Comentarios   

Beldoña
0 # MENOS MALBeldoña 11/06/2010 20:46
¡¡¡ Menos mal !!!, porque menuda traxedia, se a barbera aireante sega no momento crucial a coba da serpen aturando a saía do animal.
aNTONIO
Responder | Denunciar ante o administrador
juanesteban
0 # xa e era horajuanesteban 11/06/2010 22:33
qe suerte xa temos o noso parqe eolico arreglado
Responder | Denunciar ante o administrador