3.969696969697 1 1 1 1 1 Rating 3.97 (66 Votes)

Aos mandos dunha excavadora, o porteño Iván Landeira esfórzase en levar o saneamento a Pións e Riás
Aos mandos dunha excavadora, o porteño Iván Landeira esfórzase en levar o saneamento a Pións e Riás

Carrusel de obras en Buría

Unha auténtica avalancha de obras promete cambiar a face de Buría para sempre nos vindeiros meses. A primeira delas en entrar en execución, a máis urxente e necesaria sen lugar a dúbidas, é a do saneamento dos Lugares de Pións e Riás, en pleno corazón profundo do distrito de Buría, obra incluida no Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación Provincial e adxudicada á empresa laxeira de construcción Fermín Simal nun importe próximo aos 81.000,00 euros. Así, estes días podíamos ver  como o noso querido amigo Iván Landeira aos mandos dunha excavadora procedía a abrir as canles polas que discurrirán as tuberías que suporán o fin dos pozos negros nas alturas que dominan á parroquia de Camariñas. A esta obra, necesaria e ineludible, seguiranlle a Pavimentación da Rúa Outeiro, obra orzamentada en preto de 90.000,00 euros e que acometerá a Consellería de Medio rural, renovando o saneamento, o pavimento e os colectores de augas pluviais que van dende o Outeiro ata Fonte Barreira. Precisamente, a Reparación e Mellora do camiño a Fonte Barreira será outra das obras a executar polo concello e que inclúe ademáis do novo pavimentado unha sustancial mellora do abastecemento de augas, e que foi adxudicada asemesmo á empresa de Fermín Simal. Finalmente, a máis importante por orzamento será a Construcción de Beirarrúas no tramo dereito da Pista a Mourín, obra financiada pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas e que ven a completar polo lado oposto as beirarrúas executadas durante o ano 2008 pola marxe esquerda, obra que supoñe o retorno da empresa Mantido SL á terra que a vío nacer. En definitiva, un conxunto de obras concentrado nun pequeno espazo de terreo, Buría, que sirve para acometer a modernización imprescindible dos servizos básicos da que foi a máis antiga das parroquias do Concello.

{tab=Galería Fotográfica dos Lugares de Pións e Riás}
{multithumbs}
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
{tabs/}

Engadir un comentario