Pois finalmente unha das demandas máis longamente desexadas polo común das xentes do Concello de Camariñas podería comenzar a ver a luz: trátase da construcción do futuro tanatorio que preste un servicio indispensable e necesario a unhas terras que desgraciadamente nestes últimos tempos presentan un elevado índice de falecementos entre os seus membros. Efectivamente, respondendo á petición cursada dende o Concello, o Pleno da Deputación Provincial da Coruña acordou en sesión celebrada este 28 de maio de 2010 financiar cunha subvención de 390.040,77 euros o proxecto denominado "Construcción e Equipamento do Tanatorio Municipal de Camariñas", o cal ascende á suma total de 497.882,02 euros, polo que a diferencia (107.841,25 euros) deberá ser financiada polo concello. A característica principal que define o proxecto é que tratarase dun tanatorio de propiedade municipal, o único da Costa da Morte, polo que probablemente unha vez construido deberá rexirse ben por xestión directa ben por unha concesión de servizo público. O lugar elexido para a súa ubicación sería o descampado que se atopa a carón do emblemático Barrio das Malvinas, a un paso da Igrexa Parroquial de San Xurxo, terreos que deberían ser cedidos pola Sociedade Cooperativa Funeraria de Camariñas, actual propietaria dos mesmos. En definitiva estamos ante unha obra decisiva e influinte no futuro entramado de servizos do Concello de Camariñas, destinado a paliar unha carencia endémica nas nosas terras e que únicamente chegará a bo porto si as distintas partes interesadas se entenden recíprocamente.
Buenos días MariCarmen; actualmente los difuntos se llevaban a velar a Vimianzo donde hai dos tanatorios privados. Esperemos que en poco tiempo se solucione este tema y que los vecinos de nuestro pueblo puedan ser velados en su tierra natal. Espero haberte solventado tu duda. Un saludo desde Camariñas hacia Argentina!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.