2.2631578947368 1 1 1 1 1 Rating 2.26 (19 Votes)

Presentación en Camelle e en Xaviña as actividades culturais e deportivas que organizará o Concello.

Imaxe da presentación en Camelle ca presencia dalgúns dos técnicos que impartirán as actividades
Imaxe da presentación en Camelle ca presencia dalgúns dos técnicos que impartirán as actividades

Este xoves 11 de outubro as 17:15 horas na Casa do Alemán de Camelle tivo lugar a presentación das actividades culturais e deportivas que desenvolverá o Concello de Camariñas ao longo do curso 2007-2008. O escenario elexido para facer dita presentación foi precisamente o proxecto estrela da anterior lexislatura, a última no cargo do ex-alcalde Bautista Santos Ramos: a Casa Cultural de Man en Camelle, un centro dotado dunhas instalacións de alta tecnoloxía que, sen dúbida, serán un lugar de encontro e lecer onde, non só os camelláns senón tódolos cidadáns do Concello poderán pasar un bo rato.

Ao acto acudiron representando ao Concello, entre outros, o Alcalde Pichurri, a Teniente de Alcalde Sandra Insua Rial, o Concelleiro de Desenvolvemento Sergio Caamaño, o Técnico municipal de deportes Francisco José Puga Bestilleiro e diversos profesores que en ditas instalacións impartiran as clases e actividades. Alí o Alcalde poido coñecer de primeira man as necesidades e inquietudes dos veciños de Camelle, cos que falou animadamente. De alí a comitiva municipal marchou para Xaviña, onde pasadas as seis da tarde tivo lugar a presesentación do Programa de Actividades no Teleclub.

Remataba así unha semana de axitada e intensa actividade municipal, na que a marxe da reunión mantida o mércores na Cofradía polo Alcalde, destacou a aprobación inicial o martes en dous Plenos Extraordinarios sucesivos da modificación das Ordenanzas Fiscais que han de rexer durante o ano 2008, onde as propostas da Alcaldía foron secundadas unánimemente polo PP camariñán liderado por Daniel Rego González. Así pois, sería de desexar que o consenso e o patriotismo que presiden as relacións entre os dous grandes partidos camariñáns se extendesen á política nacional, sobre todo agora que España se encontra fortemente ameazada por enemigos tanto internos coma externos. Así as executivas de PP e PSOE nacionais deberían tomar exemplo da responsabilidade e sensatez dos camariñáns, sobre todo hoxe doce de outubro, Día Nacional de España: ¡Felicidades a tódalas Pilar! ¡Feliz Día da Hispanidade!


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.