- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 29 Mai 2010 29 Mai 2010
¡¡Felicidades Rosa e familia!!

Rosita, Rosa de Dulia e Pepito Mouzo posaban así de felices na súa tenda de Camariñas
Esta mañá de sábado 29 de maio empezaba a circular polas calles de Camariñas a noticia que saltaba na portada da edición de hoxe do xornal La Voz de Galicia na que decía que unha veciña de Camariñas fora premiada con un Audi A3 descapotable valorado en uns 31.000 euros. Dita veciña era nin máis nin menos que a nosa querida usuaria Rosa Pasantes Ramos, a cal foi hoxe camiño da Coruña para comprobar o seu flamante premio acompañada da súa filla Rosita. O caso é que xa fai uns anos que a Rosa de Dulia lle tocaran 2.500 euros de outro sorteo que houbera na Voz de Galicia e non daba crédito cando esta mañá os responsables de dito concurso lle chamaran para confirmarlle o premio obtido. En fin, foron moitos os veciños de Camariñas que se acercaron ao mítico ultramarinos rexentado por Rosa e familia para felicitalos polo premio e tamén foron moitos os que preguntaron que ían a facer con tan importante premio ao cal respondían que "aínda non sabemos como vamos facer". Desde camarinas.eu queremos felicitar a Rosa e familia e desexarlle sinceramente que disfruten con este premio e ¡¡que siga a racha!!
Comentarios
Un cordial saudo
Antonio
a la distancia queremos saber de que trata el sorteo.
DESCAPOTABLE PA COLLER O SOL(BRONCEADO)
CAPOTABLE:(CERRAR EN CASO DE LLUVIA)
BUENO AHORA A DISFRUTALO
felisidades.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.