Inauguración da estatua da Palilleira de Camariñas.

As máximas autoridades terrestres e marítimas citáronse con ocasión da inauguración da estatua
As máximas autoridades terrestres e marítimas citáronse con ocasión da inauguración da estatua

Camarinas.eu trae nesta ocasión á súa portada a inauguración da Estatua da Palilleira. Se hai un símbolo que representa a Camariñas ao longo de todo o mundo, ese é o da Palilleira. Estandarte da muller camariñana, que traballaba a reo palillando para traer uns cartiños que sumar aos que o seu marido, esforzado mariñeiro, conquería duramente nas súas travesías polo bravo mar da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver tres fotos deste histórico evento a tamaño natural.

Esta foto foi tomada naqueles lonxanos e inesquecibles anos oitenta, cando había menos de todo pero sen embargo tamén eramos felices. Eran os anos da infancia dos redactores de camarinas.eu, os anos nos que xogueteábamos polas rúas sen roupa de marca, sen móviles, sen Mp3 e sen todos os avances da vida moderna,pero nos que se xogaba ao futbol, ao telo, ao trompo, ás canicas, ao escondite... e a outros xogos que quedaron un pouco en desuso debido a súa brutalidade como os así chamados xogos: "A Barra" e "A Burra".
Era alcalde por aqueles anos o que logo estaría 24 anos no cargo, Juan Bautista Santos Ramos ao que acompañan entre outros, Carlos Ramos membro da oposición de aquela época, Pepe o Patrón Maior, e a Autoridade marítimo-militar competente. Como fondo deste inesquecible retrato que dou a Camariñas unha imaxe de marca que vender polo mundo, estaba a antiga fábrica de Aguiar, agora xa desaparecida e que durante longos anos xunto a de Cerdeiras contribuiron a dotar a Camariñas desa escepcionalidade que facía dela a única vila das Rías Altas con empresas conserveiras.
 
{multithumbs}

Image Image Image


 

Comentarios   

reira
+3 # reira 10/10/2007 15:54
ese dia acordome eu e coma min todos os que aquel dia bailaron a danza de arcos que non sei si diego saberia que quen inagurou a palilleira fomos tamen nos os que bailabamos A DANZA DE ARCOS
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # Non o sabíadiegoalfr 10/10/2007 16:05
Ah si! pois eu non o sabía pero informareime e a ver se atopo algunha foto da danza de arcos dese día. Un saúdo!
Responder | Denunciar ante o administrador
ines
+1 # que recordos!!ines 10/10/2007 22:11
moitos recordos trae esa foto, a parte da palilleira que simboliza as palilleiras coma ti ben dis Diego,vese tamen a fabrica de conservas SOLITA que hoxe xa non existe e seguro que moitos non saben que habia unha fabrica
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
+2 # gancho loco 11/10/2007 00:02
La SOLITA, Inés, La SOLITA. Alí crieime eu. Foi unha lástima non continuar con ela.
Responder | Denunciar ante o administrador
atineria
+1 # primaatineria 28/01/2010 12:06
fernandito,espe ro que me leas esto que te envio y que me contestes;yo tambien me acuerdo mucho de la solita y me hubiera gustado conocer más ese mundo que viví sin conocerlo ni por el forro.Tendré que volver por camariñas a hacerle una foto a lo único que queda de esa empresa..tu casa.un beso para todos.
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
+1 # RE: primagancho loco 28/01/2010 20:42
Cito a atineria:
fernandito,espero que me leas esto que te envio y que me contestes;yo tambien me acuerdo mucho de la solita y me hubiera gustado conocer más ese mundo que viví sin conocerlo ni por el forro.Tendré que volver por camariñas a hacerle una foto a lo único que queda de esa empresa..tu casa.un beso para todos.

Gracias a Diego que me avisó de esto, :lol: por eso no te he contestado hasta ahora.
Mi correo es corrigidor@gmail.com
por si quieres saber algo más.
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
+2 # la solitacurrodetras 01/11/2007 00:07
acordome cando se xojaba a pelota(futbol) ou a tornela na plasa e se rompian os cristales da "solita"
Responder | Denunciar ante o administrador