3.9047619047619 1 1 1 1 1 Rating 3.90 (63 Votes)

Anguriante imaxe que amosa un dos momentos nos que o canciño ameaza con saltar ao vacío
Anguriante imaxe que amosa un dos momentos nos que o canciño ameaza con saltar ao vacío

Mascouse o drama por momentos esta mañán no Barrio de Corea cando un canciño, posiblemente con tendencias suicidas, encaramouse aos tellados das Casas Baratas. En efecto, eran as 10:00 deste martes 11 de maio de 2010 cando os veciños da Praza do Concello constataban con asombro e horror como un can, un precioso cachorriño creemos que de Pastor Alemán, se encaramaba aos tellados da cara norte do Barrio de Corea con intencións nada claras e permanecía máis dunha hora e media coqueteando ca morte ao longo dunha mañán agónica e de infarto. Finalmente un grupo de veciños foi quen de convencer ao canciño (con serios síntomas de estar xa cansado das penurias deste mundo) de que desistise da súa  letal actitude e baixase polo seu propio pe duns tellados convertidos en precipicio mortal, non sendo necesaria a intervención dos negociadores dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nin do noso redactor perruno Bénder que aos mandos do CCCP (Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía) estaba xa presto a intervir para evitar o drama. Afortunadamente ao final todo quedou nunha anécdota que podería recordar á película musical "Un violinista en el tejado" ou á célebre obra de Tennessee Williams "La gata sobre el tejado de cinc", se non fose porque o canciño non profesa, que se sepa, a relixión xudea, nin pertenecía ao xénero gatuno senón canino e non estaba encaramado nun tellado de cinc, nin siquera de uralita (grazas a Deus, dados os efectos letais do amianto) senón elaborado a base de pura e auténtica tella galega. O que posiblemente acabou por salvarlle a vida.

Comentarios   

lucia018
+8 # RE: Mascota.eu: Canciño suicida en Corealucia018 11/05/2010 18:24
Meu pobriñooo..
Tan bonitiñooo como e..
Ah saber como chejou a hai arriba! :-)
Responder | Denunciar ante o administrador
casu
+5 # o can de coreacasu 11/05/2010 19:38
como subirias pillo?
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
+7 # meu pobriñoadry 11/05/2010 20:10
pero pasoulle algo?'pero como subiría ahí, pola casa da chuca fijo,ay mimaaaa, ojalá estea ben, pasou algoo?'bikiñoss
Responder | Denunciar ante o administrador
Carol
+4 # o KOI ta benCarol 11/05/2010 20:46
no lle pasou nada...pero menudo susto..chejou saltando..si saltando.e o peor e q despos non keria baixar...aaa
non creo q se kixera suicidar..jajaj ja
Responder | Denunciar ante o administrador
Carol
+3 # o KOI ta benCarol 11/05/2010 20:49
aaaa.. e q grupo de veciños convenceu o canciño?? si cando despertei denme de cuenta de q taba ali arriba e baixeino eu!!
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Mascota.eu: Canciño suicida en Coreamantida 11/05/2010 22:37
ADRIANA ¿XA CHE FALLLA A VISTA?TI NON VES QUE ESA NON E A HILERA DA CASA DE CHUCA, E A DO AYUNTAMIENTO.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # ...NIN NÓ TELLADO...Beldoña 13/05/2010 17:10
INTIMIDADES DUN CANCIÑO?

Primeiro contempla a ría
E despos hule o tellado,
Lojo calibra a altura
Coa duda?salto ou non salto.

Pensando ben, da media volta
En busca de un reservado,
Que atopa na chimenea,
Pa mexar polo burato.

¡Carafio !, si me mira a javiota,
Fasendose a despistada ?
Mellor que baixe á campota
Non sexa que joda o tellado.

O final desiste do empeño,
Oubeando cabreado,
Pois, ? tanto si von ou si veño,
Sempre hen de ser observado ?

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador