4.0694444444444 1 1 1 1 1 Rating 4.07 (72 Votes)
Aquí en camarinas.eu vai a haber que ir pensando en abrir unha sección semanal para recoller as actuacións da nosa querida e admirada Patrulla Municipal de Obras: artesáns da obra pequena, humilde, aquela que non conleva o sobrecusto inherente á contratación externa, e que a través dun arte de filigrana van acometendo actuacións imprescindibles ao longo do concello. Nesta ocasión eran os nosos coñecidos Manuel Gómez Figueiras e Manuel Alborés Devesa os que procedían a recolocar por enésima vez os bancos de pedra da célebre Praia de Lago, famosa no mundo enteiro pola fecundidade e calidade dos seus centolos, na que unha auténtica praga de non se sabe si temporais, vandalismo ou tractores que acuden á recollida do arjaso fan que unha e outra vez os seus bancos acaben tirados pola area adiante. Alí, baixo os efectos dun vento nordeste implacable e despiadado, levaban a cabo outro dos seus traballos serios, concienzudos. Así, fálase da posibilidade de que podamos ver aos nosos chavales en traballos xa de máis envergadura na Praia de Lago (de enfrente) porque constitúen un valor en alza que pode ser obxecto en calqueira momento dunha fichaxe multimillonaria por parte dun dos concellos dos arredores. Senón ahí está o impresionante estado no que están quedando as aceras (encofrado incluido) da Avenida de Cedeira. En calqueira caso, cando cómodamente sentados sobre os bancos de pedra da Praia de Lago unha parella de xoves namorados contemple o anaranxado solpor que tiñe de fogo o horizonte, que se acorde dos esforzados operarios da Patrulla Municipal de Obras...

Comentarios   

mantida
+5 # RE: Servicio Municipal de Obras: Praia de Lagomantida 04/05/2010 22:35
Ahora que a xente se porte ben e que non rompan os bancos como fixeron cas duchas e cas casetas.A plaia de lajo, a miña preferida.
Responder | Denunciar ante o administrador