3.8723404255319 1 1 1 1 1 Rating 3.87 (47 Votes)

Habemus contenedores

Con contenedores incluidos, verdes e amarelos, a obra da rúa de O Areal parece rematada definitivamente
Con contenedores incluidos, verdes e amarelos, a obra da rúa de O Areal parece rematada definitivamente

¡Ay, querido electorado, pero que de chorradas, tonterías, bobadas, boberías, estupideces, memeces, idioteces, gansadas, disparates, despropósitos e burradas se poden chegar a decir en esta vida! Unhas veces por simple ignorancia, outras por mala fe, outras por ter algo que contar... Que si na parte baixa da Rúa do Areal non ía haber contenedores, que si pouco menos e habería que ir a buscalos a Mourín e todo para ver como esta semana a omnipresente Patrulla Municipal de Obras (PMO), co seu xerente en xefe Manuel Castiñeira Santos aos mandos, procedía á súa instalación acompañados duns suxetacontenedores especiais de última xeración, mezcla dunha aleación ultramoderna de tungsteno e grafito que os fai prácticamente irrompibles, inoxidables e inmunes á acción dos axentes bactereolóxicos. Por instalar ata se instalaron contenedores amarelos para os envases. Por outra banda operarios da empresa de pavimentos Pulidos Galicia procedían a darlle a derradeira man de pintura á obra, como paso previo para o barniz e a capa de arenilla de cuarzo que eviten o retorno da fiebre de esfuciñamientos masivos nesta vital arteria do viario camariñán. Pois nada, unha obra que por duración foi comparable á do Monasterio do Escorial e que xerou algunha que outra polémica, parece que por fin quedou rematada definitivamente.

 

Comentarios   

Mikel
0 # RE: Remate das Obras na Rua de O ArealMikel 30/04/2010 13:32
Genial a forma de comenzar esta noticia....pens ei q solo o pensaba eu....a verdad q fan traxe,desfano,c oseno,rómpeno e vistencho e un sin estar vestido ou simplemente en pijama...os contenedores fan muita falta...cada vez máis
Responder | Denunciar ante o administrador