- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 29 Abril 2010 29 Abril 2010

Cumprindo cun rito propio destas datas, un tractor rotura o terreo nun dos moitos e fértiles campos de Buría
Campos Roturados
É despois de pasado San Xurxo, na derradeira semana de abril e primeira do mes de maio cando nos campos de Buría e Xaviña se leva a cabo a sementeira do millo. Unha arte antiga que, sempre dependente da sequedade do terreo e da predisposición do clima, comprende as inveteradas fases do inicial fresado do terreo, a súa posterior roturación, o necesario destripamento dos cutrillóns a través da jrade e a semente final. Fases que dende tempos inmemoriais lévanse a cabo nas fértiles terras que mellor representan a alma agrícola do Concello de Camariñas e que deixan toda unha lexión de campos roturados que xacentes e fermosos ofrecen aos ceos as cicatrices inferidas polo arado. Será pasado un tempo, alá polas semanas iniciais de outubro, cando toque recoller o fruto producido pola bendita terra: ese millo abundante e fértil co que serán alimentados os insustituibles animais da economía familiar. Campos roturados, traballados de sol a sol, que recordan a aqueles do sur de Rusia e de Ucrania, de terras negras e fecundas, glosados na célebre novela homónima do Premio Nobel de Literatura, gloria das letras soviéticas, Mijaíl Shólojov.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.