4.0140845070423 1 1 1 1 1 Rating 4.01 (71 Votes)
Unha vez esvaecida no tempo e no espacio, pero sobre todo na mente dos seus fundadores, a idea daquel grupo camariñán portador das influenzas do mellor rock alternativo e que se chamaba Ritual, Diego Alonso Freire decidío non dar por rematada a súa carreira musical e así ao pouco tempo aparecía como guitarrista doutro grupo de tintes máis folk, máis tradicionais, que se dou en chamar "Náufragos da Costa da Morte". Un grupo que personalizaba a esencia federal do Concello de Camariñas aglutinando no seu seno a membros provintes das diferentes parroquias que o conforman: Roberto Más, Ramón Barba, Soledad Vidal e Juan José e Cándido Canosa, os cales deixaron para a historia musical da Costa da Morte un interesante legado que en formato mp3 reprodúcese nesta noticia. Outro legado, o fotográfico, salvouno do olvido no que esmorecía un dos membros daquel malogrado e prometedor grupo, o noso querido amigo Roberto Más, futuro membro, xunto a Soledad Vidal e Diego Alonso de "Ronsel de Arnela", o herdeiro directo da desaparición de Náufragos e que deixou para os anales o portentoso concerto da Festa da Praia do 24 de xullo de 1999 no Areal do Ariño de Xaviña actuando como teloneiros de Luar Na Lubre. Fotografías e música rescatadas do olvido polo gran museo mediático de historia contemporánea de Camariñas: camarinas.eu.

Comentarios   

Machote
+2 # machoteMachote 27/04/2010 18:54
a juventud moita ansia de novos e despois todo po carallo,joder pos mira que o faciades ben
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # A juventud?diegoalfr 27/04/2010 22:16
Por certo Machote, non creo que fora todo para o carallo pois debutar nun concerto sendo teloneros de Luar na Lubre... pois xa me dirás si é unha merda. En fin, deste grupo noso poderíavos falar o archicoñecido gaiteiro de Luar na Lubre chamado Bieito Romero xa que cando coincidimos na Festa da Carballeira por casualidade anos despois do concerto que tocamos xuntos ven él a xunta min a falar e recordábanos como "O Gran Grupo da Costa da Morte..."

En fin, que se acorde do teu grupo un dos mellores músicos de folk do mundo éncheche de orgullo. Pena que, como di o refrán: Nadie é profeta na súa terra.

Bueno Machote, un saludiño desde Camariñas e xa toamremos aljo por aquí.
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
+3 # que recordosadry 27/04/2010 20:09
que bonitas as cancións, é unha pena que non sigarades, pero claro cada un toma o seu camiño.
As fotos super chulas, e Soledad, tremenda voz, que ven conmigo a acordeón e que sempre foi unha gran artista, da gusto ver ahora todo ésto,un saludo.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+2 # RE: Fotos Historicas: Naufragos da Costa da Mortelucia018 27/04/2010 20:28
Sí señor... :lol: , as fotos son divinas.
As cancións tamen están ben, como di Adry, unha pena que non seguirades.
Saludos
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+3 # RE: Fotos Historicas: Naufragos da Costa da Mortemantida 27/04/2010 21:52
Machote, mira que ti tamen fostes juventud, pero tes rason, empesan con muitas ansias e despos nada, siempre me justou a vos de Soledad,e sona todo ben ben.Diueguiño, tendes aljo pendiente aqui en esta pagina, recordarnos e co fasiasdes no outro jrupo, queremos oirvos.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # O outro grupodiegoalfr 27/04/2010 22:05
Bueno Maruja, eu estuben en varios grupos pero desgraciadament e non había as facilidades de hoxe en día para grabar a túa música. Pero en fin, creo que ten Marcos unha sinta nalgún caixón que teremos que buscar algún día e sacar á luz pública: "es algo necesario"

Xa che avisarei cando a encontremos Mantida!
Responder | Denunciar ante o administrador
dyanne7
+2 # RE: Fotos Historicas: Naufragos da Costa da Mortedyanne7 28/04/2010 14:05
que tempos aqueles
Responder | Denunciar ante o administrador
canajazz
+2 # naufragoscanajazz 07/05/2010 17:34
Diego, amigo que sorpresa mais grata, cando me dixeron que estabamos na web, saludos e este ano si vou por a terriña vemonos e tomamos un cafe. Saludos. Candido.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # Candido!!diegoalfr 07/05/2010 17:47
Vaia sorpresa acabo de levar eu tamén Candido! Pois aquí o tendes, Cándido era o baixista de Naufragos da Costa da Morte e mira ti por donde que xa fai anos que non che vexo nin sabemos nada de ti e vamonos encontrar en camarinas.eu... como non!

Espero vervos a ti e teu irmán pronto e tamén espero que toda a familia estea ben. Un saludo amigo!!!
Responder | Denunciar ante o administrador