3.8169014084507 1 1 1 1 1 Rating 3.82 (71 Votes)

Unhas barandillas imprescindibles e necesarias poñen o punto final ás obras da Avenida Juan Carlos I
Unhas barandillas imprescindibles e necesarias poñen o punto final ás obras da Avenida Juan Carlos I

Hai xa un tempo que as obras de mellora e ampliación da Avenida Juan Carlos I foron rematadas pola empresa camellana Construcciones Casal pero a envergadura da inversión acometida obriga a que aínda a día de hoxe se estén a executar pequenos retoques nunha vía vital dentro do rueiro camariñán. Esto puido ser constatado na chuviosa mañán do xoves 15 de abril de 2010 pola redacción de camarinas.eu que en labores de patrullaje callejera comprobou como Rafa, xerente en xefe da Cerraxería Rafael Moreira Carril, instalaba a barandilla que situada na curva que conecta a avenida Juan Carlos I ca Carretera do Faro evitará os esfuciñamientos dos posibles incautos que puideran caer polo barranco abaixo. Unha barandilla metálica, nova, flamante, tan distinta daquela que entrañable, allada e un tanto destartalada foi transmutada dende o Paseo Marítimo camariñán ata as alturas de Riás, en pleno distrito de Buría. Obras que poñen o punto final definitivo a unha inversión importante e obrigada, que dota aos peatóns da seguridade necesaria e das que se fala que nun futuro non moi lonxano poidan ser acompañadas ca construcción das beirarrúas do marxe oposta da misma vía.

 

 

 

Comentarios   

kecho
+1 # RE: Remate das obras na Avenida Juan Carlos Ikecho 18/04/2010 18:34
TRABALLO TRABALLO TRABALLO
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
-1 # RE: Remate das obras na Avenida Juan Carlos Idiegoalfr 18/04/2010 18:39
¡TRABALLO!

Responder | Denunciar ante o administrador
Eu mesmo
+1 # RE: Remate das obras na Avenida Juan Carlos IEu mesmo 19/04/2010 21:25
Home, rematadas, o que se dí rematadas... O asfalto da pena e ainda temos os postes eléctricos no medio da rúa
Responder | Denunciar ante o administrador