John Fitgerald Kennedy, primeiro e ata o de agora único presidente católico dos USA, dixo no ano 1961 nunha das súas máis celebradas intervencións unha frase que define perfectamente o que é esa gran nación chamada Estados Unidos de América: "Non se trata do que o teu país poda facer por ti, senón do que ti podas facer polo teu país". Esta frase reflexa un carácter independente, liberal, patriótico, un carácter que non se está a queixar constantemente de todo, que non pide que outro (¿o Estado?) solucione os problemas, que asume a súa responsabilidade e procede directamente a atacar os problemas sen esperar intervencións alleas. Reflexa un carácter que fai grande a unha nación. E isto foi exactamente o que fixeron hoxe dous veciños de Camariñas (Chao e Lolo do Santallo) no novo paseo marítimo do seu pobo:colaborar desinteresada e voluntariamente no mantemento das árbores. Aínda que algúns digan que Camariñas é un pobo de piratas que se adica a desvalixar yates ou no que anidan os chamados "terroristas do mar", estes cidadáns do noso concello demostraron o auténtico valor do que hoxe en día significa ser camariñán: unha persoa altruista, desinteresada, patriota do seu concello, colaboradora e xenerosa cos seus veciños. Un carácter que fai grande a un Pobo e a un Concello.

Engadir un comentario