- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 12 Abril 2010 12 Abril 2010
Meros xigantes no Porto de Camariñas

Antonio Parada é o autor das imaxes que inmortalizan as descomunais capturas do buque riveirense Coral
Aquí en camarinas.eu pensábamos que xa o víramos todo: San Martiños de sete kilos, lubinas descomunais, pulpos e calamares xigantes, merluzas monstruosas, sardiñas voadoras, perlas en ameixas da Praia do Ariño... Capturas impresionantes pola súa calidade e variedade que falan ben ás claras da riqueza e fertilidade do mar camariñán, cuestión que fácilmente pode constatarse facendo un simple percorrido pola nosa sección "Noticias do Mar", onde están recollidas todas e cada unha das novas de impacto acontecidas no ámbito náutico-pesqueiro dos portos do concello nestes dous últimos anos e medio. Pero todo o anterior vese superado polo novo récord que en canto ao peso da captura foi establecido por un vello coñecido destas páxinas, a parella de arrastre constituida polos buques Coral e San Martín de la Mar, con base en Riveira e asiduos ao porto de Camariñas, o máis seguro e fiable da Costa da Morte e cuarto no ránking galego en canto a volume de capturas, que veñen de desembarcar na nosa vila o día 31 de marzo de 2010 un mero de nada máis e nada menos que de 50 kilogramos. Captura inmortalizada para a posteridade polo membro da tripulación e fotógrafo aficcionado Antonio Parada. Como católicos fieis e devotos que son cóntannos que "a idea era facerlle un agasallo ao cura de Camariñas, pero pareceunos moi pequeno...". En fin, Don Jesús, haberá que esperar a que superen esta plusmarca os nosos amigos do Coral.
Comentarios
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.