- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 07 Abril 2010 07 Abril 2010
Os numerosos veciños da Vila de Camariñas que habitualmente saen a pasear polo seu espléndido paseo marítimo puideron observar ao longo desta última semana como ao final do mesmo, en terreos pertencentes ao antigo espigón, esmorecían esvaídos con serios desperfectos no seu casco, sobre todo pola banda da popa, os restos do que foi un bote de salvamento. Trátase dos restos do buque mercante abanderado de conveniencia nas Illas Barbados Kea, que na súa ruta dende a imperial San Petersburgo ata a caribeña Santa Marta (Colombia) foi a naufragar o pasado 30 de marzo de 2010 a 160 millas do Cabo Vilán, cando un forte golpe de mar fixo que se desprazase a súa carga o que provocou o seu inmediato afundimento. O naufraxio trouxo consigo a desaparición de dous dos mariñeiros dunha tripulación total de 24 homes, os cales na data presente aínda están a ser intensamente buscados polos servizos de salvamento. O que si se atopou finalmente no mar pola lancha Salvamar Altair foi o bote de salvamento que xace ferido de morte no espigón camariñán. Aquí en camarinas.eu, como a pesar dos nosos antecedentes familiares, o que é saber de mar non sabemos moito (máis ben nada), decidimos visitar os restos do Kea acompañados dunha auténtica fiera marina: o noso gran amigo e usuario "O Rancho Junior", o cal procedío a impartirnos unhas sabias leccións maxistrais que fixeron todo máis fácil de dixerir.
Comentarios
pero claro ,como es una locura mia nadie lo investiga.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.