3.7586206896552 1 1 1 1 1 Rating 3.76 (58 Votes)

As obras na Rúa da Igrexa de Xaviña continúan a bo ritmo e deixarán un vial impresionante

Xa o dixéramos unha vez: aquí en camarinas.eu gústanos máis as obras que a un tonto unha tiza. Son as ocasións perfectas para que saia a relucir a alma de xubilado que levamos dentro. Por eso non podíamos faltar ao chequeo semanal cunha obra clave para redefinir o complicado esquema circunvalatorio do tráfico xaviñán co que motitos, tractores, coches sin carnet, chimpíns e algún que outro burro poderán ter a vía adecuada para desenvolver todo o potencial circulatorio dos seus motores. Unhas obras polo demáis, que seguen o esquema habitual de ampliar o viario público mediante acordos cos propietarios dos terreos adxacentes, o que en ocasións provoca algún pequeno problema con algún dos mesmos e que a partir deste luns farán que o cruce da Molinera fique pechado nas súas  catro direccións. Fálabanos o noso querido amigo Josemar, xerente en xefe de Construcciones Canto y Carril, que estas obras están a resultar un pouco máis duras do que estaba proxectado nun principio debido aos imprevistos e á dificultade que supón cortar o tráfico nunha vía tan concurrida, o que poderá supor algún retraso á hora de acometer os remates finais. Pero eso si, quedará unha obra impresionante no fondo e na forma.

Engadir un comentario