Centauros de Camariñas

Home e cabalo fundidos cal centauro ca imaxe evocadora da Igrexa de San Xurxo como telón de fondo
Home e cabalo fundidos cal centauro ca imaxe evocadora da Igrexa de San Xurxo como telón de fondo

Como si dunha división do lexendario Séptimo de Cabalería se tratase, as rúas de Camariñas foron invadidas este domingo por un vistoso reximento de equites a lomos de briosos corceles. Estampas do lonxano oeste americano, de desertos e do Canón do Colorado, transmutadas por un día ao Paseo Marítimo camariñán e á barroca Igrexa de San Xurxo. Evocacións de John Wayne, de Errol Flynn, de John Ford, de Clint Eastwood, Tombstone, Little Big Horn ou Texas feitas realidade por un puñado de homes que manteñen vivo o legado do lexendario universo dos cabalos neste occidental recuncho de Costa Atlántica. Falamos dos Cabaleiros da Costa da Morte, que a pesar de que neste derradeiro exercicio veraniego non instalaron as tendas de campaña do seu imaxinario poboado indio das llanuras de Reira, quixéronse facer presentes nas rúas de Camariñas o sagrado domingo de Ramos, aquel que antecede á Semana Santa, mediante unha fugaz carga de cabalería que deixa para a historia ás fermosas imaxes captadas pola cámara de camarinas.eu. 

Comentarios   

E logo ti de quen es
0 # Preciosos animaisE logo ti de quen es 30/03/2010 15:33
Preciosos animais, especialmente o cabalo tordo.

E logo ti de quen es
Responder | Denunciar ante o administrador